Kosmos 613

proba non tripulada dunha Soiuz 7K-T

Kosmos 613 ou Cosmos 613 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 30 de novembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Kosmos 613
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento30 de novembro de 1973[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso28 de xaneiro de 1974[1]
NSSDC ID1973-096A

Características editar

Kosmos 613 foi unha Soiuz modelo 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas despois da traxedia da Soiuz 11. Ningunha Soiuz pasara voando en solitario máis de 18 días, pero a Soiuz 11 permaneceu máis de tres semanas no espazo acaroada á Saliut 1 antes de regresar a terra e despresurizarse na reentrada, falecendo seus tres ocupantes. A Kosmos 613 foi lanzada para un test de resistencia de longa duración sen tripulación e verificar que os compoñentes se comportaban acorde o seu deseño. Finalmente a nave pasou case dous meses en órbita, regresando con éxito o 28 de xaneiro de 1974 e certificando o seu correcto funcionamento en estancias de longa duración.[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 613" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 613" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 25 January 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (74-02565 (E)). 28 de xaneiro de 1974: 3. Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz flies a two-month endurance mission" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar