Soiuz 18-1
Soiuz 18-1, denominada así a posteriori, foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de abril de 1975 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2]
Soiuz 18-1 / Soiuz 18-A | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 5 de abril de 1975, 11:04 GMT[1] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[1] |
Duración da misión | 21 minutos e 27 segundos[1] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 4. Fallo do foguete antes de chegar a órbita.[1] |
Masa | 6830,0 kg[1][2] |
Características
editarSoiuz 18-1 estaba tripulada por Vasili Lazarev e Oleg Grigorievich Makarov. A engalaxe tivo lugar de maneira normal, pero despois da separación da segunda etapa a terceira etapa non se acendeu. O control de terra activou a torre de escape do foguete cando este se atopaba a 192 km de altura, separando a cápsula tripulada do resto do foguete e sometendo os dous cosmonautas a unha aceleración de máis de 20 G. A cápsula acabou aterrando de maneira accidentada nos montes Altai, cerca da fronteira con China, rodando por unha ladeira e sendo detida por arbustos pouco antes dun precipicio. Os cosmonautas temeron estar no lado chinés da fronteira, pero tras unhas horas foron atopados e asistidos por xente do lugar falando en ruso antes da chegada do equipo de rescate. Lazarev sufriu feridas internas debido á alta aceleración e á rodaxe da cápsula e nunca máis volveu a voar ao espazo.[1][2]