Sofia Kovalewska

matemática rusa
(Redirección desde «Sofia Kovalévskaya»)

Sofia Vasilyevna Krukovsky Kovalewska, nada en Moscova o 15 de xaneiro de 1850 (3 de xaneiro no calendario ruso) e finada en Estocolmo o 10 de febreiro de 1891, foi unha matemática rusa.

Infotaula de personaSofia Kovalewska

Sofia Kovalewska
Biografía
Nacemento(ru) Софья Васильевна Корвин-Круковская Editar o valor em Wikidata
15 de xaneiro de 1850
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1891
Estocolmo
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonia viral (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério do Norte (pt) Traducir, Kvarter: 21A Gravplats: 00088 (1891–) 59°21′18″N 18°01′13″L / 59.355, 18.0203 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMoscova
Estocolmo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Suecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Tese académicaQ50132821 Traducir Editar o valor em Wikidata (1875 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseKarl Weierstrass Editar o valor em Wikidata
Coñecido porTeorema de Cauchy–Kowalevski
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Ocupaciónmatemática , profesora universitaria , comuneira , novelista , física , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estocolmo, profesora universitaria (1884 (Xuliano)–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresKarl Weierstrass, Gustav Kirchhoff e Leo Königsberger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua alemá, lingua sueca e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoEmil Stenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Kovalevsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeWladimir Kovalevski (pt) Traducir (1868 (Xuliano)–1883 (Xuliano)) Editar o valor em Wikidata
FillosSofia Kovalevskaya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisVasily Vasilyevich Korvin-Krukovsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Yelizaveta Korvin-Krukovskaya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnne Jaclard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Korvin-Krukovsky-1 Find a Grave: 21212708 Editar o valor em Wikidata

Familia editar

Pola súa parte materna, era descendente do rei de Hungría, Matías Corvino. Porén, o seu avó casou cunha xitana, en contra das normas reais. Como resultado, denegóuselle o título de príncipe ao que tiña dereito. Por parte do seu pai, tivo varios parentes famosos entre os seus antepasados ​​polacos, como o cartógrafo Friedrich Schubert e o astrónomo Theodor von Schubert.[1]

Traxectoria editar

Sofía Kovalewska está considerada a matemática europea máis prestixiosa, o que compatibilizou coa escritura e a reivindicación dos dereitos femininos, loitando por abrir ás portas da universidade ás mulleres. Os seus profundos traballos en matemáticas fixeron reconsiderar ós seus coetáneos as arcaicas nocións da inferioridade da muller na ciencia. Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais, teoría de funcións e cinemática. No 1874 recibiu o doutoramento da Universidade de Gotinga. Apareceron selos coa súa efixie en 1951 e 1996.

Nada nunha familia nobre, foi educada na propia casa, e así o seu carácter nervioso e retraído crese que foi debido á acción dunha estrita gobernanta que tivo de pequena. Sentiuse cedo atraída polas matemáticas: cóntase que a idade de once anos, as paredes da súa habitación estaban recubertas de papeis co traballo do matemático ruso Ostrogradski, e ós 14 anos aprendeu polos seus propios medios trigonometría para comprender a sección de óptica dun libro de física que estaba a ler por aquel entón. Diversas persoas convenceron ó pai para que ela asistira á escola para continuar os seus estudos. No 1869 intentou estudar matemáticas e ciencias na universidade de Heidelberg, persuadindo ás autoridades universitarias para que lle deixaran ir á clase de Gustave R. Kirchhoff. A súa tese doutoral, “Sobre a teoría de ecuacións diferenciais parciais” trataba sobre un sistema abondo xeral de ecuacións diferenciais de primeira orde e calquera número de variables, estendendo un traballo previo de Karl Weierstrass con condicións de contorno.

Grazas ao apoio de Gösta Mittag-Leffler conseguiu entrar como profesora da universidade de Estocolmo, ao principio sen soldo, e coa cátedra de matemáticas a partir de 1883, sendo a primeira muller en Europa en conseguilo. Promocionouna tamén na revista Acta Mathematica, fundada por el, sendo tamén a primeira muller editora dunha revista científica.[2]

Residiu en Estocolmo dende o ano 1884.

Notas editar

  1. "Biografia de Sofya Kovalevskaya: uma matemática ousada". A mente é maravilhosa (en portugués). 2020-04-01. Consultado o 2022-08-30. 
  2. "Gösta Mittag-Leffler, el hombre que no tenía miedo al genio femenino". Principia. Consultado o 30-37-2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.