Karl Weierstrass
Karl Theodor Wilhelm Weierstraß (escrito Weierstrass cando non está dispoñible o carácter "ß"), nado en Ostenfelde (Westfalia) o 31 de outubro de 1815 e finado en Berlín o 19 de febreiro de 1897, foi un matemático alemán que se adoita considerar como o «pai da análise moderna».
Karl Theodor Wilhelm Weierstraß | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Karl Theodor Wilhelm Weierstrass |
Nacemento | 31 de outubro de 1815 |
Ostenfelde | |
Falecemento | 19 de febreiro de 1897 |
Berlín | |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | Alemaña |
Etnia | Pobo alemán |
Alma máter | Universidade de Bonn, Universidade de Münster e Universidade de Königsberg |
Ocupación | Matemático |
Premios | doutor honoris causa, Medalla Copley, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalha Helmholtz, Medalha Cothenius, Bavarian Maximilian Order for Science and Art e Foreign Member of the Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou matemáticas na Universidade de Münster. Ademais das súas prolíficas investigacións hai que sinalar que foi profesor de cátedra na Universidade de Berlín na que tivo entre os seus discípulos a Georg Cantor, Ferdinand Georg Frobenius, Wilhelm Killing, Leo Königsberger, Carl Runge e Sofia Kovalévskaya.
Contribucións en matemáticasEditar
Citado como o «pai da análise moderna», Weierstraß deu as definicións actuais de continuidade, límite dunha función e derivada dunha función matemática, que seguen vixentes hoxe en día.
Isto permitiulle demostrar un conxunto de teoremas que estaban ata entón sen demostrar como o teorema do valor medio, o teorema de Bolzano-Weierstrass e o teorema de Heine-Borel.
Tamén realizou importantes achegas en converxencia de series, en teoría de funcións periódicas, funcións elípticas, converxencia de produtos infinitos, cálculo de variacións, análise complexa etc.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Teorema de Weierstrass
- Teorema de Bolzano-Weierstrass
- Teorema de aproximación de Weierstrass xeneralizado no teorema de Stone-Weierstrass
- Teorema de Weierstrass-Casorati
- Función elíptica de Weierstrass
- Función de Weierstrass
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karl Weierstrass |
- Versións dixitalizadas das súas publicacións orixinais, dispoñibles online desde a biblioteca da Berlin Brandenburgische Akademie der Wissenschaften