Matías Corvino
Matías Hunyadi ou Matías I Corvino (en húngaro Corvín Mátyás / Hunyadi Mátyás, en romanés Matei/Mateiaş Corvin), nado en Kolozsvár o 23 de febreiro de 1443 e finado en Viena o 6 de abril de 1490, foi rei de Hungría dende 1458 até a súa morte, gañándose os sobrenomes de "sabio", "bo" e "xusto"; tamén rei de Bohemia, en 1469, ademais de gobernar en Silesia, Moravia e Lusacia.
Nome orixinal | (hu) I. Mátyás |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1443 Cluj-Napoca (Reino de Hungría) |
Morte | 6 de abril de 1490 (47 anos) Viena |
Causa da morte | Enfermidade de orixe alimentaria |
Lugar de sepultura | Basílica de Székesfehérvár (pt) Székesfehérvár |
Rei de Bohemia | |
1478 – 1490 ← Vladislau II da Hungria (pt) – Vladislau II da Hungria (pt) → | |
Rei Apostólico de Hungría | |
24 de xaneiro de 1458 – 6 de abril de 1490 (finado no cargo) ← Ladislau V da Hungria (pt) – Vladislau II da Hungria (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Cluj-Napoca |
País de nacionalidade | Hungría |
Actividade | |
Ocupación | político , monarca |
Partido político | politician before the emergence of political parties (en) |
Participou en | |
12 de maio de 1468 | Battle of Třebíč (en) |
Outro | |
Título | Margrave Rei |
Familia | Hunyadi family (en) |
Cónxuxe | Beatriz de Nápoles (1476 (Gregoriano), 1475 (Gregoriano)–1490 (Gregoriano)) Catarina de Poděbrady (1461, 1461 (Gregoriano)–1464) Isabel de Celje |
Parella | Barbara Edelpöck (en) |
Fillos | John Corvinus (pt) () Barbara Edelpöck (en) N. Hunyadi, Prince of Hungary (en) () Catarina de Poděbrady (pt) |
Pais | João Corvino (pt) e Erzsébet Szilágyi (pt) |
Irmáns | Ladislaus Hunyadi (en) |
Parentes | Michael Szilágyi (pt) (tío) |
Cronoloxía | |
29 de marzo de 1464 (Gregoriano) | coroación (Basílica de Székesfehérvár (pt) ) |
Traxectoria
editarNaceu en Kolozsvár (actualmente Klausenburg, en Transilvania, Romanía), segundo fillo de Xoán Hunyadi, un nobre transilvano de orixe romanesa quen foi rexente de Hungría (e morreu nunha campaña contra os turcos en 1456) e de Sabela Szilágyi.
Antes de poder reinar tivo que lidar primeiro co rei Ladislau V o póstumo, quen foi tamén rei de Bohemia. Nestas liortas Ladislau capturou a Matías e ao seu irmán ao que decapitou en 1457. Nese mesmo ano o propio rei tamén morrería, posiblemente por envelenamento. Entón Matías apoiado pola baixa aristocracia e os baróns de Hungría (consideraban que era sabio e sería un gobernante franco), foi proclamado rei pola Dieta celebrada o 20 de xaneiro de 1458.