Simón de Cirene

Simón de Cirene ou O Cirineo foi, segundo os evanxeos de Marcos[1], Mateo[2] e Lucas,[3] a persoa que lle axudou a Xesús a levar a súa cruz até o Gólgota, onde logo sería crucificado. Dise que foi obrigado a portar a cruz cando viña dos agros, e no evanxeo de Marcos faise referencia a el como "pai de Alexandre e de Rufo". Non hai ningún dato máis acerca del no Novo Testamento e non aparece no Evanxeo de Xoán.

Escultura do Cireneo na Igrexa de San Isidoro de Sevilla, orixinal de Francisco Ruiz Gijón.

A súa cidade de orixe, Cirene, estaba situada no norte de África. Segundo a tradición, seus fillos Rufo e Alexandre fixéronse misioneiros. O feito de que se mencionen os seus nomes suxire que puideron tratarse de personaxes relevantes no cristianismo primitivo.

Mosaico que representa a Xesús con Simón de Cirene, quen porta a cruz, na basílica de San Apolinario o Novo (Rávena).

Pasaxe bíblicaEditar

Comparación do narrado polos Evanxeos canónicos
Evanxeo de Mateo

(27, 32)[4]

Evanxeo de Marcos

(15, 21)[5]

Evanxeo de Lucas

(23, 26)[6]

O saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús Pasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira —o pai de Alexandro e de Rufo— e obrigárono a cargar coa cruz. Cando o levaban, botaron man dun certo Simón de Cirene, que viña da leira, e cargáronlle a cruz, para que a levase detrás de Xesús.

Suposto substituto de Xesús na cruzEditar

Nalgúnhas tradicións relixiosas, Xesús non foi o crucificado, senón que outra persoa sería quen morreu na cruz. Especialmente, esa persoa identifícase con Simón de Cirene, un apóstolo ou Xudas Iscariote.[7]

Para os docetistas fora Simón de Cirene quen morrera na cruz e non Xesús, tese que foi recollida por Basílides e os gnósticos mais atacada por Ireneo de Lión no século II.[8][9] Segundo algúns estudosos, como Dominique Cerbelaud, o Evanxeo de Xoán, o último en ser escrito, omite a mención a Simón de Cirene no seu relato da crucifixión de Xesús para deslexitimar as correntes que xa o identificaban como o verdadeiro crucificado.[10]

Dado que o Corán afirma que Xesús non foi crucificado (sura 4, versículo 157), senón que tivo a aparencia de selo, moitos esexetas intentaron identificar quen foi o crucificado.[11] Deste xeito, na primeira literatura islámica sinalouse a Simón de Cirene, aínda que gañou popularidade un suposto décimo terceiro apóstolo chamado Serxio, segundo defendeu Tabari; e, sobre todo, Xudas Iscariote, tese defendida por Muqātil ibn Sulaymān, xa no século VIII, que deviría na dominante na tradición islámica.[12][13]

NotasEditar

  1. Marcos "15:21-22". BibleGateway (en castelán). 
  2. Mateo "27:32". BibleGateway (en castelán). 
  3. Lucas "23:26". BibleGateway (en castelán). 
  4. "Evanxeo de Mateo, capítulos 26-28". A Biblia Galega. 
  5. "Evanxeo de Marcos: 15". Testemuñas de Xehová: A Biblia (SEPT). 
  6. "Evanxeo de Lucas: Capítulos 21-24". www.abibliagalega.com. Consultado o 2022-09-25. 
  7. entreCristianos, ed. (6-3-2009). "Cristianismo y el Islam (IV): Jesús y Mahoma". Arquivado dende o orixinal o 30-11-2012. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  8. Fontana, Gonzalo; Elboj (2015-02-02). El Evangelio de Juan. La construcción de un texto complejo: Orígenes históricos y proceso compositivo (en castelán). Prensas de la Universidad de Zaragoza. p. 136. ISBN 978-84-16272-23-5. 
  9. "Contra los Herejes de Ireneo de Lyon". web.archive.org. 2007-11-05. Archived from the original on 05 de novembro de 2007. Consultado o 2022-09-25. 
  10. Lalouette, Jacqueline (2021-09-01). "Jésus et l’islam, série documentaire de Gérard Mordillat et Jérôme Prieur, Arte, 2015, rediffusée en 2021-2022 sur Arte.". Cahiers d’histoire. Revue d’histoire critique (en francés) (150): 214–217. ISSN 1271-6669. 
  11. Preud'homme, Nicolas J. (2020-12-01). "Jésus et l'islam". Le Carnet Déborah (en francés). Consultado o 2022-09-25. 
  12. deutschlandfunk.de. "Sure 4 Verse 157-158 - Jesus wurde nicht gekreuzigt". Deutschlandfunk (en alemán). Consultado o 2022-09-25. 
  13. Said Reynolds, Gabriel (2009). "The Muslim Jesus: Dead or alive?" (PDF). Bulletin of SOAS 72 (2): 237–258. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar