Series Mundiais de Tríatlon 2019

As Series Mundiais de Tríatlon 2019 foron a 11ª edición do Campionato do mundo de tríatlon, a máxima competición internacional de tríatlon, dende o seu establecemento en 2009.

Series Mundiais de Tríatlon 2019
Series Mundiais de Tríatlon 2019
Liga Series Mundiais de Tríatlon
Deporte Tríatlon
Duración 8 de marzo - 1 de setembro
Series Masculinas
Campión Francia Vincent Luis
Series Femininas
Campión Katie Zaferes
Tempadas das Series Mundiais
← 2018 2020 →

Foron organizadas pola Unión Internacional de Tríatlon e consistiron en oito pares de carreiras de tríatlon, en categorías masculina e feminina, comezando o 8 de marzo en Abu Zabi, e concluíndo o 1 de setembro coa gran final en Lausana, Suíza.[1][2] A edición tamén contou con catro carreiras de relevos mixtos das Series de Relevos Mixtos, que ofreceron puntos aos equipos nacionais que se cualificaron, para o a proba de relevos mixtos dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Mario Mola e Vicky Holland comezaron a tempada defendendo o título logrado na edición de 2018. Finalmente o título masculino foi para o francés Vincent Luis, seguido por Mario Mola e Javier Gómez Noya, e o feminino para a estadounidense Katie Zaferes, coas británicas Jessica Learmonth e Georgia Taylor-Brown en segunda e terceira posición.

Funcionamento editar

Calendario editar

As Series Mundiais de Tríatlon 2019 visitaron dez cidades, incluíndo unha carreira de proba no circuíto de relevos dos Xogos Olímpicos de 2020 como parte das Series Mundiais de Relevos Mixtos.[3][4]

Sistema de puntos editar

Por cada carreira que un triatleta finalizou outorgáronse puntos baseándose na posición na que se cruzou a liña de meta. Por unha vitoria nunha proba normal das series mundiais recibíanse 1000 puntos e por cada posto seguinte un 7.5% menos, para os primeiros corenta triatletas. Na gran final, o premio para o gañador eran 1200 puntos e unha vez máis decrecendo un 7.5% por cada posto, pero neste caso os puntos alcanzaban ata o posto 50.º. Con todo, calquera triatleta fóra do tempo de corte non recibiiu puntos mesmo se acaba en posición de puntos, o tempo de corte calculouse engadindo un 5% ao tempo do gañador na proba masculina e un 8% na feminina.

A puntuación final de cada triatleta era a suma dos seus puntos na gran final e nas súas cinco mellores carreiras dese ano.[5][6]

Series editar

Abu Zabi editar

 
O porto de Yas Marina alberga a proba de natación antes da de ciclismo no circuíto de Fórmula 1.

As series de 2019 empezaron cunha carreira de distancia sprint en Abu Zabi dentro e ao redor do porto da illa Yas. Era a 10ª vez que a carreira se celebraba alí e a 5ª vez que se realizaba unha carreira de distancia sprint. O percorrido de natación foi realizado no porto con voltas de 750 metros, antes da transición a fóra do circuíto de Yas Marina. Despois os atletas deron cinco voltas en bicicleta a un percorrido de 4 km ao longo do circuíto de Fórmula 1. Despois da sección de bicicleta, os competidores procederon a completar dúas voltas dun circuíto de 2.5 km circuíto corrido sobre parte da pista de F1 e parte do porto antes de acabar o tríatlon na Marina.[5]

Participaron os dous defensores do título, Mario Mola e Vicky Holland, así como a maior parte dos dez mellores atletas do ano anterior na clasificación final.[7] Tamén competiu o debutante Alex Yee, que gañara a carreira máis recente da Copa do Mundo en Cidade do Cabo.[8]

Na carreira feminina apareceu unha pequena división na proba de natación que se agrandou no segmento ciclista, de tal xeito que á metade do percorrido de bicicleta estableceuse unha fuga de sete atletas. O grupo incluía ás americanas Zaferes, Spivey e Knibb, xunto con Learmonth do Reino Unido. As fuxidas aproveitaron a súa vantaxe de xeito que lle sacaban un minuto ás perseguidoras cando chegaron á segunda transición. Zaferes foi a primeira en chegar ao segmento a pé e liderou o resto da carreira, aumentando a vantaxe sobre as demais para chegar soa á meta. Spivey chegou soa, entre o primeiro posto e a batalla polo terceiro, que foi disputado ao sprint por Knibb e Learmonth, gañándoo esta última.[9][10][11]

No lado masculino, a división apareceu na natación pero ao longo de toda a sección de bicicleta, todo o pelotón foise reagrupando lentamente, de modo que todos os competidores fixeron a última transición ao mesmo tempo. Hayden Wilde, de Nova Zelandia, intentou inicialmente crear un oco na carreira a pé, pero pronto foi alcanzado por Yee e Mola. A parella mantívose unida e liderando ata que, a 500 metros de distancia, Mola aumentou o ritmo para chegar primeiro seguido de Yee. O terceiro en cruzar a liña de meta foi o talaverano Fernando Alarza.[10][12][13]

Resultados editar

Resumo de medallas editar

Homes editar

Proba Ouro Prata Bronce
  Abu Zabi [14]   Mario Mola   Alex Yee   Fernando Alarza
  Bermudas [15]   Dorian Coninx   Javier Gómez Noya   Gustav Iden
  Iocoama[16]   Vincent Luis   Henri Schoeman   Bence Bicsák
  Leeds[17]   Jacob Birtwhistle   Matthew McElroy   Javier Gómez Noya
  Montreal[18]   Jelle Geens   Mario Mola   Tyler Mislawchuk
  Hamburgo[19]   Jacob Birtwhistle   Vincent Luis   Jelle Geens
  Edmonton[20]   Jonathan Brownlee   Mario Mola   Marten Van Riel
  Lausana[21]   Kristian Blummenfelt   Mario Mola   Fernando Alarza

Mulleres editar

Proba Ouro Prata Bronce
  Abu Zabi [22]   Katie Zaferes   Taylor Spivey   Jessica Learmonth
  Bermudas [23]   Katie Zaferes   Jessica Learmonth   Joanna Brown
  Iocoama[24]   Katie Zaferes   Summer Rappaport   Taylor Spivey
  Leeds[25]   Georgia Taylor-Brown   Katie Zaferes   Jessica Learmonth
  Montreal[26]   Katie Zaferes   Georgia Taylor-Brown   Jessica Learmonth
  Hamburgo[27]   Non Stanford   Cassandre Beaugrand   Summer Rappaport
  Edmonton[28]   Emma Jackson   Summer Rappaport   Ashleigh Gentle
  Lausana[29]   Katie Zaferes   Jessica Learmonth   Georgia Taylor-Brown

Relevos mixtos editar

Proba Ouro Prata Bronce
  Abu Zabi [30]   Australia
Ashleigh Gentle
Luke Willian
Emma Jeffcoat
Jacob Birtwhistle
  Estados Unidos
Taylor Spivey
Ben Kanute
Katie Zaferes
Eli Hemming
  Nova Zelandia
Ainsley Thorpe
Sam Ward
Sophie Corbidge
Hayden Wilde
  Nottingham[31]   Reino Unido

Georgia Taylor-Brown

Ben Dijkstra

Sophie Coldwell

Alex Yee

  Suíza

Jolanda Annen

Max Studer

Alissa König

Adrien Briffod

  Francia

Émilie Morier

Dorian Coninx

Léonie Périault

Pierre Le Corre

  Hamburgo[32]   Francia

Émilie Morier

Léo Bergère

Cassandre Beaugrand

Vincent Luis

  Alemaña

Laura Lindemann

Valentin Wernz

Nina Eim

Justus Nieschlag

  Australia

Natalie Van Coevorden

Aaron Royle

Emma Jeffcoat

Jacob Birtwhistle

  Edmonton[33]   Nova Zelandia

Ainsley Thorpe

Tayler Reid

Nicole van der Kaay

Hayden Wilde

  Reino Unido

Sophie Coldwell

Jonathan Brownlee

India Lee

Gordon Benson

  Estados Unidos

Summer Rappaport

Seth Rider

Taylor Knibb

Morgan Pearson

  Toquio[34]   FranciaLéonie Périault

Pierre Le CorreCassandre BeaugrandDorian Coninx

  Reino UnidoJessica Learmonth

Gordon Benson

Georgia Taylor-Brown

Alex Yee

  Estados Unidos

Summer Rappaport

Seth Rider

Tamara Gorman

Ben Kanute

Clasificación xeral editar

Homes[35] editar

Posto Nome Probas disputadas Puntos
1   Vincent Luis 6 5.096
2   Mario Mola 6 4.939
3   Javier Gómez Noya 6 4.533
4   Fernando Alarza 6 4.395
5   Marten Van Riel 6 3.659
6   Jacob Birtwhistle 6 3.433
7   Henri Schoeman 6 3.148
8   Léo Bergere 6 3.042
9   Gustav Iden 6 3.028
10   Kristian Blummenfelt 5 2.892

Mulleres[36] editar

Posto Nome Probas disputadas Puntos
1   Katie Zaferes 6 6.175
2   Jessica Learmonth 6 5.326
3   Georgia Taylor-Brown 6 5.191
4   Taylor Spivey 6 4.651
5   Summer Rappaport 6 3.589
6   Rachel Klamer 6 3.586
7   Non Stanford 5 3.435
8   Cassandre Beaugrand 5 2.548
9   Annamaria Mazzetti 5 2.456
10   Laura Lindemann 4 2.427

Relevos Mixtos[37] editar

Posto País Puntos
1   Francia 3.228,17
2   Australia 3.074,84
3   Estados Unidos 2.907,55
4   Nova Zelandia 2.836,98
5   Reino Unido 2.771,07
6   Alemaña 2.616,58
7   Italia 2.198,29
8   Países Baixos 2.192,88
9   Canadá 2.135,06
10   Bélxica 2.118,77

Notas editar

  1. "ITU announces the 2019 World Triathlon Series Calendar" (en inglés). 6 de xullo de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. "ITU announces World Cup, Mixed Relay Series and Paratriathlon calendars for 2019" (en inglés). 12 de setembro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  3. "ITU announces the 2019 World Triathlon Series Calendar" (en inglés). 8 de xullo de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  4. "ITU announces World Cup, Mixed Relay Series and Paratriathlon calendars for 2019" (en inglés). 12 de setembro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Guía das Series Mundiais 2019" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  6. "ITU World Triathlon Series Ranking" (PDF) (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  7. "Holland begins title defence at WTS Abu Dhabi as Zaferes eyes strong start to 2019" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  8. "World’s best line up for men’s WTS season-opener in Abu Dhabi" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  9. "Zaferes Golden, Spivey Takes Silver at ITU World Triathlon Series Opener in Abu Dhabi" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  10. 10,0 10,1 "Silver and bronze for Britain as curtain rises on 2019 ITU World Triathlon Series" (en inglés). 8 de mazo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  11. "Katie Zaferes powers to WTS Abu Dhabi gold as world title hunt begins in UAE" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019. 
  12. "Espectacular doblete! Mario Mola primero y Fernando Alarza tercero en Abu Dhabi" (en castelán). 8 de marzo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  13. "Exhibición de Mario Mola en Abu Dabi". 8 de marzo de 2019. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  14. Union, International Triathlon. "Results: Elite Men | 2019 Daman World Triathlon Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-08. 
  15. Union, International Triathlon. "Results: Elite Men | 2019 Daman World Triathlon Bermuda". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-04-27. 
  16. "Resultados de Iocoama (Elite feminino)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2019. 
  17. "Resultados de Leeds 2019" (en inglés). 9 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  18. "Resultados de Hamburgo 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  19. Birthwistle se impone en Hamburgo (RTVE.es) (en castelán). 6 de xullo de 2019. 
  20. "Resultados Edmonton 2019 (Masculino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  21. "Resultados Lausana 2019 (masculino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  22. Union, International Triathlon. "Results: Elite Women | 2019 Daman World Triathlon Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-08. 
  23. Union, International Triathlon. "Results: Elite Women | 2019 Daman World Triathlon Bermuda". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-04-27. 
  24. "Resultados de Iocoama (Elite feminino)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2019. 
  25. "Resultados femininos Leeds 2019" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  26. "Resultados Montreal 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  27. "Resultados Hamburgo 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  28. "Resultados Edmonton 2019 (Feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  29. "Resultados Lausana 2019 (feminino)". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  30. Union, International Triathlon. "Results: Mixed Relay | 2019 Daman World Triathlon Mixed Relay Series Abu Dhabi". Triathlon.org (en inglés). Consultado o 2019-03-10. 
  31. "Resultados Relevos Mixtos Nottingham 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  32. "Resultados Relevos Mixtos Hamburgo 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  33. "Resultados dos Relevos Mixtos Edmonton 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  34. "Resultados Toquio 2019". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  35. "Clasificación masculina" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  36. "Clasificación feminina" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  37. "Clasificación Relevos Mixtos". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar