Senadores de España por designación real

artigo de listas da Wikimedia

Coñécense como senadores por designación real as 41 persoas da elite intelectual, militar e política de España que foron escollidas polo rei Xoán Carlos I como senadores en 1977.

Contexto editar

O Senado de España fora abolido como cámara lexislativa en 1931, pero o proceso de Transición democrática en España xerara a expectativa dunha Cámara de representación territorial. Nas Eleccións lexislativas de 1977 escolléronse senadores, pero unha cantidade deles —equivalente aproximadamente á quinta parte— foron nomeados directamente polo daquela rei de España Xoán Carlos I.

A designación real só tivo efecto ata 1979, cando tiveron lugar as primeiras eleccións postconstitucionais.

Lista de senadores editar

A maior parte destes senadores procedían das elites dominantes no réxime franquista, aínda que se observaba un interese por incluír persoas máis novas e renovadoras. Estes senadores agrupáronse inicialmente en dous grandes colectivos independentes: os senadores da Agrupación Independente, máis moderados, entre os que se atopaban os galegos Camilo José Cela e Domingo García Sabell, e os senadores Independentes, máis próximos ao réxime franquista, entre os que se atopaba o militar. Algúns máis incorporáronse ao grupo da Unión de Centro Democrático, e os restantes repartíronse entre o Grupo Mixto, coma o ferrolán Marcial Gamboa, e entre as minorías de parlamentarios cataláns e vascos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar