Juan de Arespacochaga
Juan de Arespacochaga y de Felipe, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 1999 foi un enxeñeiro e político español
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan de Arespacochaga y de Felipe 27 de xaneiro de 1920 Madrid, España |
Morte | 1 de outubro de 1999 (79 anos) Madrid, España |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 25 de abril de 1983 – 21 de marzo de 1990 | |
Procurador en Cortes | |
12 de xullo de 1976 – 30 de xuño de 1977 ← Miguel Ángel García-Lomas Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Madrid | |
1976 – 1978 ← Miguel Ángel García-Lomas – José Luis Álvarez → | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, enxeñeiro de camiños, político, economista |
Partido político | Alianza Popular (1977–1989) Reforma Democrática (1976–1977) |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarNaceu en Madrid, no seo dunha familia oriúnda de Biscaia. Era doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola de Madrid.
En 1949 incorporouse aos Servizos Hidráulicos do Estado, onde dirixiu as obras da presa de El Vado, na Provincia de Guadalaxara, para o abastecemento de auga a Madrid. En 1958 xa era xefe do gabinete de Estudos Hidráulicos do Ministerio de Obras Públicas. Posteriormente foi nomeado director xeral de Promoción do Turismo e presidente da Empresa Nacional de Turismo de España. En 1971 foi designado procurador nas Cortes franquistas en representación das grandes cidades españolas. En 1976 é ademais nomeado alcalde de Madrid en substitución de Miguel Ángel García-Lomas Mata.
Sendo alcalde, foi ademais designado polo rei Xoán Carlos I como senador, onde se integrou no grupo mixto. Afiliouse a Reforma Democrática, formación que posteriormente se integrou en Alianza Popular, foi relevado da alcaldía en 1978 e substituído por José Luis Álvarez. Non se presentou ás eleccións de 1979 ao Senado, pero si en 1982, cando foi elixido senador pola coalición AP-PDP. Voceiro do Grupo Parlamentario Popular do Senado, en 1983 foi designado membro da delegación parlamentaria española no Consello de Europa. Presidente do consello político de Alianza Popular, e situado no seu sector máis conservador, foi reelixido senador por Madrid en 1986.
Publicou Galicia, esa península. Editora Nacional, Colección Ateneo, 1967.