Alfonso Escámez
Afonso Escámez e López, nado en Águilas (Murcia), o 1 de xaneiro de 1916 e finado en Madrid, o 16 de maio de 2010[1], marqués de Águilas, foi un banqueiro español.
Alfonso Escámez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1916 |
Lugar de nacemento | Águilas |
Falecemento | 16 de maio de 2010 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, empresario e banqueiro |
Premios | Medalla García-Cabrerizo, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, doutor honoris causa pola Universidade de Murcia, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medalla de Ouro ó Merito no Traballo e doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun vendedor de peixe, asistiu ao colexio Santo Tomás de Aquino. O prematuro falecemento do pai fíxolle comezar a traballar con 12 anos como porteiro na sucursal do Banco Internacional de Industria e Comercio. Tras a crise de 1929, a entidade reducir persoal e Escámez, con 13 anos, perdeu o seu primeiro traballo. Pero os seus xefes xa se fixaron nel e pronto lle volveron a contratar, xa como caixeiro. Logo da Guerra Civil, o Internacional foi absorbido polo Banco Central, a entidade da que Escámez nunca se desligaría e onde desenvolveu toda a súa carreira, ata alcanzar a presidencia en 1973, cadeira que ocupou ata 1993.
Logo da súa retirada foi tamén Presidente de Honra de CEPSA.
En 1977 foi designado senador polo rei de España Xoán Carlos I e ocupou unha cadeira no Senado ata as eleccións de 1979, ás que non se presentou. Durante a súa estadía na Cámara Alta vinculouse ao grupo de Senadores Independentes, todos eles de designación real, e situados na á máis conservadora do hemiciclo.
GalardónsEditar
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- En 1991, o rei Xoán Carlos I de España outorgoulle o marquesado de Águilas, vacante trala súa morte.
NotasEditar
- ↑ Afonso Escámez, un banquero de la vieja escuela, El País, 17 de maio de 2010.