Miguel Primo de Rivera y Urquijo

Miguel Primo de Rivera e Urquijo, nado en San Sebastián o 17 de agosto de 1934, III Duque de Primo de Rivera e, ata 1985, V Marqués de Estella, é un avogado e político español.[1]

Miguel Primo de Rivera y Urquijo
Nome completoMiguel Primo de Rivera y Urquijo
Nacemento17 de agosto de 1934
Lugar de nacementoDonostia
Falecemento3 de decembro de 2018 e 4 de decembro de 2018
Lugar de falecementoPozuelo de Alarcón
SoterradoIglesia-convento de la Merced
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiFernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
NaiRosario Urquijo de Federico
FillosRocío Primo de Rivera Oriol e Pelayo Primo de Rivera Oriol
IrmánsRosario Primo de Rivera y Urquijo
PremiosGran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Gran Cruz da Orde de Cisneros
Na rede
WikiTree: Primo_de_Rivera_y_Urquijo-2
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, irmán máis novo do fundador da Falange, e neto do xeneral Miguel Primo de Rivera que tralo golpe de Estado en 1923 gobernou España ata 1930. Tivo dous irmáns de pai, Rosario, falecida en 2005, e Fernanda, falecida en 2004, e outros catro irmáns (Alfredo, Macarena, Teresa e Guillermo) nados do segundo matrimonio da súa nai Rosario Urquijo con Alfredo Álvarez Pickman.

No seu adolescencia educouse co entón príncipe e hoxe rei de España, Juan Carlos I. Estudou a carreira de dereito en Madrid. Tralo seu paso polo Senado ocupou a Presidencia de Endiasa ata 1982. Desde entón ocupou cargos de resposabilidade en Banco de Jerez, Banco Urquijo, Renda 4, Banco Santander, Torreal e outras empresas.

Casado e divorciado de María Oriol Díaz de Bustamante, filla de Antonio María de Oriol y Urquijo, tivo nove fillos, chamados Fernando actual Marqués de Estella, Pelayo, Miguel, Rocío, Bosco, María, Cosme, Damián e Inés. Actualmente está casado con Reis Martínez-Bordiú de Ochoa.

Entre as súas afeccións destacaron a caza e o golf. Chegou a ser campión de mundo de tiro ao pombiño, campión de España afeccionado de dobres de golf e un dos tiradores con escopeta de máis prestixio en España.

Franquismo editar

Ocupou distintos cargos na época franquista. Foi alcalde de Xerez da Fronteira desde 1965 a 1971. Procurador en Cortes durante o franquismo, conselleiro nacional do Movemento e conselleiro do Reino.

Na Transición española foi quen presentou nas Cortes a Lei para a Reforma Política, sendo de grande influencia en convencer aos procuradores (deputados na época franquista) a apoiar esa reforma.

Foi designado senador polo Rei Xoán Carlos nas Cortes Constituíntes de 1977.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Memoria de la Transición. El País SA. 1995. Dep Legal B 30.728-1995.
Predecesor:
Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
 
Duque de Primo de Rivera

Desde 1964
Sucesor:
Actual titular
Predecesor:
Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
 
Marqués de Estella

1964 - 1985
Sucesor:
Fernando Primo de Rivera y Oriol