Selección Xa!
disco recompilatorio
Selección Xa! é un CD lanzado en 1997 por Edicións Xerais e Cormorán Producións. Distribuído co primeiro número da revista Bravú [1], ten 9 temas de diversos grupos. O libreto, deseñado por María Luaces, inclúe fotos das gravacións e as letras dos temas.
Selección Xa! | |
---|---|
Lanzamento | 1997 |
Feito co propósito de reivindicar unha selección nacional galega, no disco colaboran futbolistas de primeira liña da época, como eran Fran e José Ramón do Dépor, Míchel Salgado do Celta e Nacho do Compostela.
Lista de cancións
editar- "Galicia/Brasil, I" (Viña, Mercedes Peón e Manu Chao)
- "Lume de biqueira" (Fran + José Ramón + Os Diplomáticos de Monte-Alto)
- "Selección Ska" (Xenreira + Nacho)
- "Un cantar miudíño" (Siareiros Galegos)
- "Selección de Breogán" (Korosi Dansas + Míchel)
- "Galicia/Brasil, II" (Viña, Mercedes Peón e Manu Chao)
- "Arsenio is in da'house" (Sushi Loop)
- "Futbolistas de Galicia" (Coro dos Rozadores de Santa Cristina de Viso)
- "Non vai ser todo fútbol" (Pinto d'Herbón)
Notas
editar- ↑ "Revista Bravú - Selección XA!". calameo.com. Consultado o 2022-06-12.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Descarga Revista Bravú - Vieiros número adicado á Selección galega de fútbol que acompañaba o CD.