Pinto d'Herbón

músico rapeiro e regueifeiro galego

Daniel Alexandre Vecino Martínez[1][2], nado en Herbón (Padrón) o 24 de outubro de 1969, máis coñecido como Pinto d'Herbón, é un músico rapeiro e regueifeiro galego.

Modelo:BiografíaPinto d'Herbón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Padrón, España Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pinto fíxose popular a través do programa Sitio Distinto co tema "Nitramón, 15, 15, 15", que foi incluído en 1996 no disco Unión Bravú. Ademais é autor doutros temas como "Paviméntame" ou "A motoserra", editados en diferentes discos compilatorios.

Como regueifeiro acostuma ir acompañado desde 1997 con Luís O Caruncho. Estes dous regueifeiros teñen participado[3] en experiencias no ensino medio onda realizan obradoiros de elaboración de regueifas entre o estudantado, contribuíndo desta maneira a espallar a música tradicional galega xunto coa construción de versos en galego. Pilar Faxil e Helena Villares realizaron un documental titulado Da regueifa ao rap, no cal son protagonistas Luís O Caruncho, Pinto d'Herbón e os rapeiros Dios ke te crew[4]

  1. López, Uxía (16-7-2016). "Na leira é onde me saen os temas do bravú: apaño pementos e compoño". La Voz de Galicia. Consultado o 16-8-2016. 
  2. "El movimiento bravú homenajea a Pinto d'Herbón". ABC (en castelán). EFE. 24-10-2014. Arquivado dende o orixinal o 09-11-2014. Consultado o 18-8-2016. 
  3. Gónzález, Paula (16-4-2007). "Regueifas a ritmo de hip hop". El País (en castelán). Consultado o 16-8-2016. 
  4. Oliveira, V. (1-10-2008). "Retranca de tasca". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 19-10-2017. Consultado o 16-8-2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar