Unión Bravú é un CD lanzado no ano 1996 por Edicións do Cumio. Reúne a 12 grupos do panorama musical galego da época, de diversos estilos musicais pero co eixo común do bravú. A produción executiva correu a cargo dos Diplomáticos de Monte-Alto.

O libreto do disco vén cun texto de Manuel Rivas.

Lista de cancións Editar

  1. "Matías, o morcego" (Os Papaqueixos)
  2. "Crooner" (Bochechiñas)
  3. "¡Presente!" (Xenreira)
  4. "Tratorada" (Rastreros)
  5. "A nova Fifi" (Os Skornabois)
  6. "Platinos" (Os Diplomáticos)
  7. "Nitramón 15, 15, 15" (Pinto)
  8. "Galiza Morta ¡Non!" (Kaos)
  9. "Que foi do Rock & Roll" (Os Impresentables)
  10. "Por ti mesmo" (Ruín Bois)
  11. "Manolo Pescadilla" (O Caimán do río Tea)
  12. "Cuspen na cara" (Túzaros)