O Caimán do río Tea

O Caimán do río Tea, é unha banda de rock bravú fundada en Ponteareas no ano 1991

O Caimán do río Tea
OrixePonteareas, Galiza
Período1991 - 1998
2013
Xénero(s)Rock bravú
Selo(s) discográfico(s)Sons Galiza
MembrosRafa Leiras
Miki Flojeras
Xosé Cambra
Ramón Fernández

Traxectoria editar

Despois duns anos de aprendizaxe saltan á fama coa participación na sección musical do programa da TVG Xabarín Club coa canción "Estou na lavadora". Esta canción tería bastante repercusión, sendo incluída no recompilatorio A cantar con Xabarín editado por BOA en 1994.

Ese mesmo ano ao igual que outros grupos coma Os Rastreros, Os Diplomáticos de Monte-Alto e Os Skornabois reúnense en Chantada, na taberna El caballero de Viana, para asinar o Manifesto de Viana e establecer as bases do movemento bravú. Co tempo tamén participarían no disco recompilatorio Unión Bravú (Edicións do Cumio, 1996) coa canción "Manolo Pescadilla".

En 1995 asinan co selo Sons Galiza, onde coinciden con Yellow Pixoliñas, e lanzan o seu primeiro disco Feito na Casa, producido por Miguel Costas e no que parodian a portada do disco de Bruce Springsteen Born in the U.S.A.

Ese mesmo ano gañan o Certame Galego da Canción e como premio editan o disco Certame Galego da Canción Xuventude 95 (Xunta de Galicia, 1995), composto por cinco cancións. Volven participar no Xabarín Club coa canción "Ven a bailar" e no ano 1998 gravan o seu último traballo, un sinxelo autoeditado con dúas cancións.

Finalmente o Caimán do río Tea desaparece e anos despois, en 2006, apareceu Capitán Furilo, no que se mantén a formación orixinal salvo Xosé Cambra, que foi substituído por Oscar T. Este grupo acabaría tendo un corte musical totalmente diferente.

No ano 2013 volveron xuntarse para concertos e participar no certame Rock in Río Tea[1].

Compoñentes editar

  • Rafa Leiras - Voz
  • Miki Flojeras - Guitarra
  • Xosé Cambra - Batería
  • Ramón Fernández - Baixo

Discografía editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar