Capitán Furilo foi unha banda de rock galega procedente de Ponteareas e fundada a mediados do ano 2006. Algúns dos seus membros proviñan da banda O Caimán do río Tea, tamén de Ponteareas.

Capitán Furilo
OrixePonteareas, Galiza
Período2006 - 2013
Xénero(s)rock
Selo(s) discográfico(s)Falcon Records
MembrosOscar T.
Mikel P.
Monkel S.
Ronchi M.
Na rede
http://www.capitanfurilo.com/

Traxectoria

editar

A historia da banda comezou cun encontro casual en Dublín a mediados dos 2006 entre Oscar T., que se atopaba alí cunha bolsa de estudos internacionais, e Miguel Pino, de viaxe visitando a familiares. De volta a Galiza completaron a formación do novo proxecto, ao que bautizaron como Capitán Furilo, pola admiración de ambos á serie Hill Street Blues, e comezaron a gravar o que sería a súa primeira maqueta[1].

A principios do ano 2007 lanzaron a través da Regueifa Plataforma o seu traballo de estrea, a maqueta de catro temas (tres en galego e un en inglés), bautizada como Non hai problema. No ano 2008 autoeditaron o seu primeiro EP, titulado Pop?, gravado en outubro de 2007 nos estudios Océano de Nigrán[2].

O seu primeiro álbum, Rock, formado por once cancións, foi gravado nos estudios Élite de Vigo e foi presentado o 7 de novembro do ano 2009 nunha cea-baile en Ponteareas[3].

O 9 de marzo de 2013 deron o seu concerto de despedida na sala JJ Copas de Ponteareas[4].

Membros

editar
  • Oscar T. - Batería e percusións
  • Miguel Pino - Guitarra e voz
  • Monkel S. - Baixo e voz
  • Ronchi M. - Guitarra e voz (Rafael Martínez?)

Discografía

editar
  1. Capitán Furilo, maqueta na web da plataforma A Regueifa, marzo 2007.
  2. "Os ponteareáns Capitán Furilo presentan cunha cea o seu primeiro disco", artigo en Cultura Galega, 14 de xaneiro de 2008.
  3. "Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”", artigo en Cultura Galega, 6 de novembro de 2009.
  4. "Capitán Furilo da un concierto de despedida en el JJ Copas", artigo en Faro de Vigo, 9 de marzo de 2013 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar