Túzaros foi unha banda compostelá de hardcore punk, formada a comezos do 1992 no barrio de San Lázaro e activa até o ano 2006. A formación inicial compúñana Mario César Vila (guitarra e voz), Xulio Boquete Rodríguez (baixo) e Xoán López Ferrás (batería). Comezan a abrirse camiño na escena galega practicando un punk-metal demoledor segundo a crítica do momento.

Túzaros
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Período1992 - 2006
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Edicións do Cumio
Antigos membrosMario César Vila
Xulio Boquete
Xoán López

Traxectoria editar

Ostentan o título de ser a banda que máis tocou na lendaria sala Nasa.[Cómpre referencia] Gravaron o primeiro single editado pola propia sala: Non sendo cualificados como a militancia do rock. Saben o que queren. A sonda tomou contacto con eles no Bartolo mentres pensaban a próxima acción. Logo no escenario foron contundentes.

En outubro do 1994 gravaron a súa primeira maqueta: Túzaros. A escaseza de presuposto lévaos a gravar e mesturar os 10 temas en 16 horas. De aí o son fresco e directo. Sacan unha edición numerada de 250 copias. Hoxe é peza de coleccionista.

A principios do verán do 1995 gravan nos Estudios Fussion de Vigo o tema "Cuspen na cara", para o disco compilatorio Unión Bravú. Posteriormente revisan nos estudios da RTVG o tema "Mata ao monstro" coma gañadores do Festival da Canción organizado pola Universidade de Santiago.

En xuño do 1997 finalizaron a elaboración do seu primeiro disco, Túzaros (Edicións do Cumio), producido por Javier Abreu. O resultado foi para a crítica un envolvente canonazo de son profundo con letras comprometidas e reflexivas. Ceden o tema "Eu renuncio" para o volume 3 da revista Bambán. A finais dese ano participan no compilatorio Oito anos de secuestros, cedendo o tema "Corredores sen portas".

No 2001 editan o seu segundo disco, baixo a produción de Gonso Pedrido: Trivial (Edicións do Cumio). Este traballo amosa a face máis potente e directa do trío. Se no seu primeiro disco sorprenderon polo seu vigor, neste segundo os resultados son aínda máis rexos e enérxicos. Sen deixar lugar a concesións de ningún tipo mesturaron o novo hardcore co metal máis suxestivo e actual.

No 2003 inclúen o tema inédito "Negro no azul" no compilatorio Nunca Máis, editado tras a catástrofe do Prestige. En xuño de 2004 Xulio Boquete abandona o grupo e é substituído polo guitarra e baixista, Xosé Manuel Vaamonde Tejo (Inopexia). Posteriormente será substituído por Paul Zervero (Inopexia, Entrance, Nao).

Durante ese anos tocaron nunha gran cantidade de salas, boa parte delas hoxe pechadas. Participaron nos grandes festivais do noroeste (Alén Galiza, Santirock, San Frolilán...) e foron abreconcertos de grandes bandas que visitaron o país. O grupo desfíxose o 1 de xaneiro de 2006.

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
"Non" 1994 Son Parrulo sinxelo
Túzaros 1994 maqueta
Túzaros 1997 Edicións do Cumio álbum
Trivial 2001 Edicións do Cumio álbum

Presenza en compilatorios editar

  • "Cuspen na cara" (Unión Bravú, 1996).
  • "Mata ao monstro" (Festival da canción, 1997).
  • "Eu renuncio" (revista Bambán vol. 3, 1997).
  • "Corredores sen portas" (Oito anos de secuestros, 1998).
  • "Negro no azul" (Nunca Máis, 2003).

Notas editar