Sasaima

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Sasaima é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 80 km de Bogotá.

Modelo:Xeografía políticaSasaima
Imaxe

Localización
Mapa
 4°57′54″N 74°26′05″O / 4.965, -74.4347
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie114 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.414 m Editar o valor en Wikidata

Páxina websasaima-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Sasaima está situada na vía que conduce de Bogotá á cidade de Medellín, pola saída que de Facatativá conduce a Villeta, a 80 km da capital de Colombia. O concello atópase a unha altitude de 1150 m s. n. m., cunha temperatura media de 24 °C e unha pluviosidade media anual de 2800 mm. A súa principal actividade económica, ademais do turismo, é a produción agropecuaria, cuxos principais produtos son a avicultura, a porcicultura, e cultivos como o café, os froiteiros e as hortalizas.

Historia

editar
 
Monumento na honra do gran señor de Cacaima, gobernante indíxena dos sasaimeros.

Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Sasaima estivo habitado polos indíxenas sasaimeros, baixo o mando do gran señor de Cacaima, pertencentes á nación panche. O conquistador español Hernán Pérez de Quesada chegou a Sasaima a comezos de 1541, quen ordenou incendiar a rancharía de Cacaima, que se atopaba na actual verea "El Mojón". O cacique, que alcanzou a salvar a súa vida, trasladouse ás proximidades do río Gualiva, na actual verea La Candelaria. En 1550 chegou, a Sasaima o Frei Fernando de Montoya, primeiro evanxelizador dos indíxenas da zona, quen bautizou ó cacique Cacaima co nome de Francisco Toto. Tamén bautizou ó xefe das tropas panches, a quen deu o nome de Juan.[1]

O 3 de xullo de 1605, por auto proferido na Real Audiencia de Santafé de Bogotá, o Licenciado e Oidor Alonso Vásquez de Cisneros, do Concello do Rei, dispuxo a fundación da nova vila de Sasaima.

  1. "Sitio oficial de la Alcaldía Municipal de Sasaima - Información General - Historia". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 08 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar