Villeta, Cundinamarca
Villeta é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Gualivá, da que é capital. Atópase a 91 quilómetros de Bogotá e 330 de Medellín. O seu nome significa "Pequena Vila" e está consagrada a San Miguel Arcanxo. Tamén é coñecida como "A Cidade Doce de Colombia", polo intenso cultivo de cana de azucre, coa que se produce panela. Villeta esta a 118 km de Zipaquirá "A cidade salgada de Colombia" pola súa Catedral de Sal.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 43.574 (2015) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 140,7 km² ![]() | |||
Altitude | 845 m ![]() | |||
Creación | 29 de setembro de 1551 ![]() | |||
Páxina web | villeta-cundinamarca.gov.co ![]() | |||
![]() ![]() |
Villeta é coñecida pola súa produción de panela, polas súas festividades, como o Reinado Nacional da Panela en xaneiro e o Festival Departamental de Bandas en agosto, e por ser a poboación onde se dá inicio á Ruta do Sol. É tamén un importante centro turístico do departamento de Cundinamarca debido ós seus carreiros ecolóxicos, fervenzas, balnearios, leiras paneleiras e infraestrutura hoteleira.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villeta, Cundinamarca |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)