Santuario de Santa María da Cruz

O Santuario de Santa María da Cruz (en italiano: Santuario di Santa Maria della Croce) é unha basílica menor que se encontra en Crema, comuna de Italia localizada na provincia de Cremona.

Santuario de Santa María da Cruz
Fachada do Santuario de Santa María da Cruz
Datos xerais
PaísItalia Italia
TipoSantuario mariano
AdvocaciónNossa Señora da Cruz
LocalizaciónCrema
Coordenadas45°22′58″N 9°41′42″L / 45.382692, 9.69505Coordenadas: 45°22′58″N 9°41′42″L / 45.382692, 9.69505
CatalogaciónMonumento
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseDiocese católica latina de Crema
Arquitectura
Construción1490-1500
EstiloArquitectura do Renacimiento
Medidas85 x 90 m
Páxina websantamariadellacroce.it/
Santuario de Santa María da Cruz en Italia
Santuario de Santa María da Cruz
Santuario de Santa María da Cruz
editar datos en Wikidata ]

Situada na Diocese de Crema, atópase a un quilómetro do centro da cidade, na Strada Statale 591, no camiño para Bérgamo.

Historia editar

O 13 de febreiro de 1489, Caterina degli Uberti, dunha familia tradicional de Crema, casou con Bartolomeo Pederbelli, tamén coñecido como Contaglio, malfeitor de Bérgamo e bandido da súa terra, que ocultou o seu pasado criminal á súa esposa.

Ó ano seguinte, a relación coa familia da noiva non foi doada, pois el nunca pagou o dote.

O 2 de abril de 1490, Contaglio convenceu (ou mesmo obrigou) a Caterina a seguilo na súa viaxe de regreso a Bérgamo, para a casa da familia del. Logo, fóra da cidade de Crema, en vez de coller o camiño para Bérgamo (a actual Vía Mulini), o home dirixiuse a un pequeno bosque chamado Novelletto. Alí, atacou con espada e coitelo á súa esposa, cortándolle a man dereita e unha parte do brazo. De tanta violencia, a espada quebrouse, e el fuxiu coa equipaxe da muller e catro aneis de ouro. Despois dese crime, non se soubo máis nada del.

Caterina pediu socorro á Nosa Señora para recibir os sacramentos; foi naquel momento que apareceu unha muller vestida con roupa pobre que lle dixo: "Eu son aquela á que chamaches..." e as feridas pararon de sangrar; mais, como as portas da cidade estaban xa pechadas, a muller deixou a Caterina descansando na casa dun campesiño. Á mañá seguinte, consultaron un médico e despois Caterina foi interrogada polo Juíz do Malefício (maxistrado veneto), e axiña un sacerdote chamado Filippo, da parroquia de San Bento, administroulle os sacramentos. Foi naquel momento no que as feridas recomezaron e Caterina faleceu.

Os primeiros milagres editar

No lugar onde Caterina foi atacada foi colocada unha Cruz, e un mes despois, o 3 de maio, un rapaz con graves problemas nun pé que non lle permitían camiñar, foi levado ao Novelletto. Despois das oracións, comezou a camiñar el só: foi o primeiro milagre e as crónicas din que o mesmo día aconteceron outros 40.

O 4 de maio, fíxose unha procesión solemne ao barrio Novelletto, e construíuse un pequeno altar onde foi colocada a Madonna col Bambino, doada polo milanés Gianfranco Cotta. O 5 de maio, moitos viron a Virxe chorar e aquel día sucederon cerca de 80 curas milagrosas. O Consello da Cidade decretou a construción dun edificio no lugar onde aparecera a Nosa Señora. As crónicas relatan outras curas milagrosas o 18 de maio e 2 de xuño.

O círculo luminoso editar

O podestà veneto de Crema, Nicolò Priuli, nunca confiou nos milagres e temía problemas de orde pública. O 18 de xuño foi ao Novelletto persoalmente e asistiu ao milagre do círculo luminoso: ao redor do Sol apareceu un círculo que parecía caer na terra por tres veces. Desde aquel momento, o podestà tornouse nun dos promotores da construción do santuario.

Arquitectura editar

 
Caterina degli Ubaldi, ferida e socorrida pola Nosa Señora. Grupo en cerámica na cripta (scurólo) do santuario.

Para a construción foi chamado o arquitecto lodigiano Giovanni Battagio, discípulo de Donato Bramante, que deseñou un edificio en estilo moderno a partir dun plano de cruz grega: un corpo central de cerca de 35 metros, circular e octogonal dentro e fóra, ao cal se xuntan catro pequenos corpos laterais de cerca de 15 metros de altura. Todo o edificio está en ladrillos á vista.

Altar e cripta editar

O corpo oriental está organizado en dous niveis: no superior encóntrase o altar maior, que chegou do duomo de Crema: pódese chegar subindo dúas escaleiras de mármore vermello de Verona. O tabernáculo é en bronce dourado.

Por enriba da parede encóntrase a gran pintura da Asunción de Benedetto Rusconi, nun cadro de Giacomo de Marchi e dourada por Nicolò Salserio Bianchi, Tommaso e Vincenzo Civerchio. O cume en madeira foi pintado polo mesmo Benedetto Rusconi e representa a Deus Pai.

Na decoración xeral do presbiterio ten catro bustos dos Doutores da Igrexa (Santo Ambrosio, San Xerome, Santo Agostiño e San Gregorio), probablemente de Agostino de Fondulis.

 
Sepultura de Xesús, de Bernardino Campi.

No nivel inferior, encóntrase a pequena cripta (ou scurolo), retangular, con voltas pintadas cos apóstolos. O altar é do paduano Pietro Danieletti e é de 1750. No fondo ten unha Edícula representando o milagre: Nosa Señora aparece e socorre a Caterina, no centro a man amputada da muller e a copia da espada do marido.

Sepultura editar

Nun altar lateral merece consideración a sepultura e a Adoración dos Magos de Bernardino Campi.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Silvio della Noce, Sul prodigioso movimento degli occhi dell’Immagine Ave Regina Cœlorum posta nel Santuario di S. Maria della Croce presso Crema, Milano, Tip. Osservatore Cattolico, 1870
  • Angelo Zavaglio, Terre Nostre, Arti Grafiche di Crema, Crema, 1980
  • Tommaso Ronna, Storia della Chiesa di Santa Maria della Croce eretta fuori della R. Città di Crema, Milano, 1825, Ristampa anastatica della Editrice Turris di Cremona, 1987
  • AA.VV., Itinerari di fede tra Adda, Oglio e Po, Arti Grafiche Rossi, Soresina, 1994, Scheda del santuario ad opera di Cesare Alpini
  • Fabrizio Loffi, S. Maria, il restauro compie cent'anni, en La Cronaca, 26 outubro de 2003
  • Giorgio Zucchelli, S. Maria della Croce, editrice Il Nuovo Torrazzo, Crema, 2003
  • Gruppo Antropologico Cremasco, I campanili della Diocesi di Crema, Leva Artigrafiche, Crema, 2009

Ligazóns externas editar