Santiago Jaureguizar
Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1965 (59 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Xénero artístico | Narrativa e teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNacido en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo.[1] Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo[2] na sección de Cultura e nas seccións Lugo inédito e Cidade xardín.[3] No ano 2005 obtivo o Premio de xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Foi pioneiro na introdución da literatura galega en Internet,[4] con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros[5] ou a web infimos.net. Tamén liderou durante un ano en Elvicristo Machine,[6] grupo de narrativa trip-hop.
Os seus inicios literarios están relacionados co movemento Bravú.[7]
Obra
editarNovela
editar- Comendo espaguetis diante da televisión (1998). Xerais. 232 páxs.
- Breve crónica universal da clase obreira (2001). Sotelo Blanco. 100 páxs.
- As horas sucias (2001). Xerais. 176 páxs.
- Casa Skylab (2003). Xerais. 192 páxs.[8]
- Cabaret Voltaire (2005). Galaxia.
- O Globo de Shakespeare (2008). Xerais. 216 páxs. Traducido ao castelán como El globo de Shakespeare en Pulp Books.[9]
- Placebo (2016). Xerais. 200 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-095-5.
Narración curta
editar- Fridom spik (1996). Xerais. Narracións breves. 2ª edición aumentada en 2003.
Novelas xuvenís
editar- Todo a cen (1995). Sotelo Blanco. 120 páxs.[10]
- A rutina corsaria (1998). Xerais, Fóra de Xogo. 160 páxs.
- Salitre (2000). Xerais. Traducido ao castelán co mesmo título no 2008, en Anaya. ePub: ISBN 978-84-9121-166-2.
- ¡Balea morta ou lancha a pique! (2002). Xerais, Fóra de Xogo. 128 páxs.
- A cova das vacas mortas (2006). Xerais., Fóra de Xogo. 144 páxs. ePub: ISBN 978-84-9914-729-1.
- Plastilina nos pulmóns (2006). Tambre, Catavento 130 páxs.
- Unha cabana na lúa (2006). Baía Edicións. 116 páxs. Ilustracións de Patricia Castelao.
- O contador de estrelas (2009). Obradoiro-Santillana; reeditada en 2017 en Oqueleo.
- Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo (2013) Xerais. 160 páxs.
- Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido (2015). Xerais. 160 páxs.
- O Bosque Pálido (2017). Oqueleo.
Un misterio para Tintimán, con ilustracións de José Matalobos
editar- Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (2010). Xerais. 168 páxs. .
- A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña (2010). Xerais. 128 páxs.
- Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo (2013). Xerais. 128 páxs.
- O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo (2014). Xerais. 152 páxs.
- A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense (2017). Xerais. 144 páxs.
Teatro
editar- Estación Mir (2002). Tris Tram. Escenificada en 2013 baixo a dirección de Quin Patrolo.[11]
Ensaio
editar- Galicia: espiritualidade verde sobre o Atlántico (2007). Xunta de Galicia. 136 páxs. Libro promocional de Galicia en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente.
Guión
editarTradución
editar- A porta de Mayo, de Gonzalo Moure (2008). Xerais.
Obras colectivas
editarPremios
editar- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2001, por Breve crónica da historia universal da clase obreira.
- Premio Xerais de Novela no 2003, por Casa Skylab.[13]
- Premio García Barros de Novela no 2005, por Cabaret Voltaire.[14]
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no 2005, polo Concello da Estrada.
- Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil no 2006, por A cova das vacas mortas.
- Finalista II Premio de Literatura e Infantil Meiga Moura no 2006, por Unha cabana na lúa.
- Premio de creación literaria Terra de Melide no 2008, por O Globo de Shakespeare.
- Premio de xornalismo do Museo Provincial de Lugo no 2009.
- Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, 2016[15]
- Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º da ESO en 2016, pola novela O veleno da risa.
- Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego 2018,[16] polo artigo "Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor".
- Finalista do Premio Nacional de Periodismo Cultural 2021, que concede o Ministerio de Cultura.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "Jaureguizar". www.oqueleo.com. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Centro de Documentación da AELG". archive.vn. 2013-07-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Novas na túa liña". www.vieiros.com. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Jaureguizar". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "El globo de Shakespeare". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ Adanamarth (2010-01-28). "BLOG ANNAVALAINA: "Todo a cen" de Santiago Jaureguizar.". BLOG ANNAVALAINA. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Páxina oficial do Concello do Grove". concellodogrove.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Autores - Jaureguizar, Santiago". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-07-21.
- ↑ "Casa Skylab". xerais.gal. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "2005 Cabaret Voltaire, de Santiago Jaureguizar". premiogarciabarros.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Santiago Jaureguizar recoge el premio Carracedo con un discurso sobre la relación entre intelectuales y políticos". lavanguardia.com. 03-05-2016. Consultado o 03-09-2018.
- ↑ López, Belén (19-06-2018). "O xornalista e escritor Santiago Jaureguizar gaña o Premio Fernández del Riego". diariodepontevedra.es. Consultado o 03-09-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Jaureguizar |
Ligazóns externas
editar- Cabaret Voltaire, o blog do autor
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros. Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- Artigo Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor.