San Miguel de Tabagón, O Rosal

parroquia civil do concello do Rosal
(Redirección desde «San Miguel de Tabagón»)

San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 933 habitantes (437 homes e 496 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]

San Miguel de Tabagón
Alameda de San Miguel de Tabagón.
ConcelloO Rosal[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°55′08″N 8°48′52″O / 41.91887249, -8.814379893
Poboación933 hab. (2022)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía e patrimonio

editar

En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.

No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario.[4]

Deporte

editar

Entre 1976 e 2024 existiu na parroquia o equipo de fútbol UD Tamuxe.[5]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Miguel de Tabagón

editar
Lugares da parroquia de San Miguel de Tabagón no concello pontevedrés do Rosal

A Barbeira | A Barxe | Bornidos | O Calvario | O Carrascal | A Corredoira | O Cotro | O Cruceiro | A Cumieira | A Devesa | A Eira Grande | O Esteiro | A Granxa | O Morán | O Outón | Pías | A Ponte da Tamuxe | O Porto Vello | San Gregorio | Valdraspa

Parroquias do Rosal

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar