Abrir o menú principal

Claude Saumaise

(Redirixido desde "Salmasio")

Claude Saumaise, nado en Semur-en-Auxois en 1588 e finado en 1653, foi un coñecido sabio, humanista e filólogo francés chamado o Príncipe dos Comentadores.

Claude Saumaise
ClaudiusSalmasius.jpg
Nome completoClaude Saumaise
Nacemento15 de abril de 1588
 Semur-en-Auxois
Falecemento3 de setembro de 1653
 Spa, Bélxica
NacionalidadeFrancia e Países Baixos
Ocupaciónteólogo, filólogo clássico, escritor, profesor, classical scholar e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu primeiro mestre foi o seu pai Benigno, maxistrado e sabio distinguido e contou tamén coa amizade de Isaac Casaubon e Gruter, emprendendo con ánimo resolto o estudo da maior parte das ciencias da súa época (medicina, xurisprudencia, teoloxía, historia).

Claude de Saumaise aprendeu de forma autodidacta as seguintes linguas: persa, caldeo, árabe e o copto e posteriormente abrazou a relixión reformada, estableceuse en Holanda e permaneceu moito tempo en Leiden.

Este sabio adquiriu pronto unha reputación universal e os reis disputáronse o honor de telo nas súas cortes:

Deixou 60 manuscritos e moitas obras impresas e as súas principais obras son as edicións de Floro (1609), de L. Ampelius, da Historia Augusta, de Tertuliano, de Palio, de Aquiles Tacio (1640) e de Solino coas Exercitationes plinianae (1529).

Claudio a parte da súa gran reputación, foi extraordinariamente enxalzado durante a súa vida e nunha ausencia un pouco longa da cidade holandesa de Leiden, os seus habitantes escribíronlle unha carta en que lle rogaban que regresase a Leiden, con estas palabras: «Así como o mundo non podería carecer do Sol, a Academia de Leiden non pode pasar sen Saumaise».

ObrasEditar

 
De usuris, 1638.
  • Autor con outros escritores de Anthologia Graeca cum versione latina.., Ultrajecti, 1795-1822, 5 volumes.
  • Claude Saumaise & André Rivet:...., Amsterdam: APA-Holland University Press, 1987.
  • Virorum aliquot eruditorum..., Amstelaedami: Geradum de Groot, 1752.
  • Historiae augustae scriptores..., París: 1620.
  • Cl. Salmasii de re militari romanorum liber:.., Leiden, J.Elseverium, 1657.
  • Claudii Salmasii de Hellenistica commentarius:..., Leiden: Ex Officina Elseviriorum, 1643.
  • Xunto a outros autores Museum philologicum et historicum..., Lugduni Batavorum: sumptibus Abrahami vander Mijn, 1699-700, 2 volumes.
  • Cl. Salmasii Librorum de primatu Papae pars prima:...., Lugduni Batavorum, 1645.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Diccionario universal de historia y geografía, 1846-50, Madrid, F. de Paula Mellado, 8 tomos.
Bibliografía complementaria
  • Ampelius, Lucius. Memoriale, Venezia: G. Antonelli, 1841.
  • Leroy, P. Le dernier vogaye a Paris et en Bourgogne, 1640-1643, du reforme Claude Saumaise: libre erudition et contrainte politique sous Richelieu, Amsterdam: APA-Holland University Press, 1983.
  • Orbis doctus, 1500-1850:..., Amsterdam & Utrecht: APA-Holland University, 2005.