Sílvidos

familia de aves da orde dos paseriformes
Sílvidos
Sylviidae

Sylvia curruca
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Sylviidae
Leach, 1820, ou
Vigors, 1825
(segundo os autores)
Xéneros
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Paradoxornithidae

A dos sílvidos[1] (Sylviidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.

Características editar

A familia contén principalmente a pequenos paxaros insectívoros que se encontran en moitas partes de Europa, Asia e, en menor medida, en África.

Aínda que a maioría das aves desta familia viven en rexións temperadas, adoitan teren hábitos migratorios desprazánsose a rexións cálidas en inverno.

Boa parte dos seus membros teñen un aspecto moi similar, pero cantos moi diferentes. Estas aves son moi activas e comparten características comúns tales como o seu pequeno tamaño, un pico estreito e un corpo esvelto. A coloración da súa plumaxe non adoita ser moi rechamante.

Adoitan presentar dimorfismo sexual, aínda que non en todos os xéneros.

Taxonomía editar

Unha taxonomía revisada hai pouco editar

Hai anos esta familia era un taxon caixón de xastre que compendía máis de 400 especies en 70 xéneros, xa que estaba pobremente definida con características comúns a outras familias. Até que os avances na xenética molecular permitiron reestruturar o grupo, sacando del especies que se repartiron en outras familias, e se crearon pola súa escisión novas familias como a dos Acrocephalidae, Locustellidae, Cettiidae, Phylloscopidae e Cisticolidae. Ademais incorporáronse algúns xéneros que até entón estiveran clasificados noutras familias, tras demostrarse a súa proximidade xenética co grupo. Actualmente a familia quedou conformada poas papuxas (xénero Sylvia), as especies asiáticas do xénero Paradoxornis (anteriormente separados na familia Paradoxornithidae), varias especies de paxaros anteriormente incluídas nos Timaliidae, e o Chamaea fasciata, un raro paxaro norteamericano que durante moito tempo fora un enigma taxonómico.[2][3]

Descrición editar

A familia foi descita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach ou, segundo os autores, en 1825, polo tamén zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors, ambos os dous membros da Royal Society.

Etimoloxía editar

O nome científico Sylviidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Sylvia, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.

Clasificación editar

Segundo o ITIS, a familia comprende os 20 xéneros seguintes:[4]

Notas editar

  1. sílvidos' no dicionario da RAG.
  2. Gill, F. & DonskerR, D. eds. (2017): Sylviid babblers, parrotbills & white-eyes. IOC World Bird List (v. 7.1).
  3. Gelang, Magnus;Alice Cibois, Eric Pasquet, Urban Olsson, Per Alström, Per G. P. Ericson (2009): "Phylogeny of babblers (Aves, Passeriformes): major lineages, family limits and classification". Zoologica Scripta 38 (3): 225–236 <mall>doi=10.1111/j.1463-6409.2008.00374.x.
  4. Sylviidae Leach, 1820 Arquivado 04 de xullo de 2022 en Wayback Machine. no ITIS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar