A Ruta da Ría é unha ruta circular que empeza na parroquia de Ove (Ribadeo), a carón da igrexa, e continúa por distintos lugares da parroquia que se atopan preto da ría de Ribadeo. Ten unha lonxitude aproximada de 8 km. Está encadrada no conxunto de rutas peonís deseñadas no concello na primeira década do século XXI.

Cartel que sinala a ruta.

Debido a que a ruta non é moi longa, unha vez rematada, se se baixa ata a ría, pódese visitar ademais o muíño de mareas das Aceas. A facilidade da ruta permite asemade facela en bicicleta ou a cabalo.

Datos técnicos:

editar

Lugares de interese

editar

Ao longo do percorrido poden observarse diversos puntos de interese. Entre eles:

A Igrexa de Ove
 
Fachada da Igrexa

Situada na orixe da marcha, a igrexa de Ove é do século XVII, con elementos propios do rococó no seu interior. Sufriu varias reformas posteriores.

O Muíño de Ignacia
 
Muíño de Ignacia.

O muíño de Ignacia é un muíño de río rehabilitado recentemente, situado no leito do río Ramos, no monte de Ove. Está situado a pouco máis de 1 km da saída.

A Graña
 
Igrexa de Santo Estevo.

A Graña é case o punto máis alto da ruta. Ten vistas sobre a ría, e alí está a Capela de Santo Estevo, de arquitectura barroca.

O Vilar
 
Vistas dende o Miradoiro do Vilar.

O Vilar é o punto máis alto da ruta. Nel hai un miradoiro, dende o que se poden observar as excelentes vistas da Ría, a Ponte dos Santos, así como Ribadeo e as vilas do outro lado da Ría (Castropol e as Figueiras).

Flora e fauna

editar
 
Folla de carballo.
Flora

Durante a ruta, pódense observar numerosas especies autóctonas de árbores, como o carballo, o piñeiro, o acivro etc.

Nótase como, moitos dos lugares onde antes había estas árbores, agora están ocupadas por un elevado número de eucaliptos.

Na zona da Graña hai un gran número de castiñeiros, así como por toda a ruta podemos atopar moitas outras clases de plantas, como toxos, fentos e flores silvestres como os dentes de león, margaridas, cardos, fresas de bosque etc.

 
Castiñeiros da Graña

Na época estival, pódense atopar moras nas silvas que hai durante case toda a ruta.

Fauna

Se se realiza a ruta sen facer moito ruído, é posible ver animais como coellos, corzos, xabarís ou raposos.

Tamén se poden observar gran cantidade de aves, por exemplo, aguias, pegas, corvos, paxaros carpinteiros, etc.; así como animais domésticos como cabalos, vacas etc.

 
Cabalo na Graña.

Na primavera e o verán, hai variedade de bolboretas de moitas cores, así como libélulas e outros insectos, como xoaniñas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar