Rubén Ruiz Ibárruri

Héroe español de la Unión Soviética

Rubén Ruiz Ibárruri, nado en Muskiz o 9 de xaneiro de 1920 e finado en Stalingrado o 3 de setembro de 1942, foi un militar vasco, único fillo varón de Dolores Ibárruri "a Pasionaria".

Rubén Ruiz Ibárruri
Nome completoRubén Ruiz Ibárruri
Nacemento9 de xaneiro de 1920, Muskiz, España España
Defunción3 de setembro de 1942, Stalingrado, Unión Soviética Unión Soviética
SoterradoMamáev Kurgán, Stalingrado
FidelidadeSegunda República Española Exército Popular da República (1936–1939)
Unión Soviética Ejército Vermello (1939–1942)
Servizo1936–1942
RangoTenente
Mandos175ª Compañía de Metralladoras da 1ª División Proletaria de Moscova
35ª División de Gardas Fusileiros
Batallas/GuerrasGuerra civil española
Segunda guerra mundial
Batalla de Stalingrado
DistinciónsHeroe da Unión Soviética
Orde de Lenin

Combatente da guerra civil española, logo da derrota republicana marchou ao exilio en 1939 e instalouse na URSS. Posteriormente participou na segunda guerra mundial, onde alcanzou o rango de tenente do Exército Vermello. Tras a súa morte na Batalla de Stalingrado [1] foi condecorado como Heroe da Unión Soviética.

Traxectoria editar

Naceu en San Juan Muskiz, no concello biscaíño de Muskiz, o 9 de xaneiro de 1920,[2][3] fillo de Dolores Ibárruri e Julián Ruiz.[2]

Dos seis fillos da Pasionaria, Rubén foi o único varón. Deles só Rubén e Amaya alcanzaron a idade adulta, xa que as súas outras catro irmás morreron durante a infancia.[4] Dende mozo foi membro do movemento comunista, do que a súa nai xa destacaba como unha das principais líderes, e participou en diversas actividades políticas.

En 1935, despois de que súa nai fose encarcerada, el e a súa irmá Amaya foron enviados á Unión Soviética. Rubén viviu en Moscova xunto ao líder bolxevique Panteleimon Lepeshinski e a súa muller, a bióloga Olga Lepeshinskaia.

Guerra civil e exilio editar

Despois do estalido da Guerra Civil, regresou a España[5] e uniuse ao exército republicano. Cando en agosto de 1937 o atopou o xeneral soviético Aleksandr Rodimtsev, xa ascendera a cabo. [6] Un ano despois participou na batalla do Ebro, [7] despois da cal ascendeu ao rango de sarxento.[6]

En febreiro de 1939, coa derrota republicana, foi obrigado a cruzar a fronteira francesa cos restos do exército republicano. As autoridades francesas internárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer,[8] xunto con outros miles de prisioneiros de guerra republicanos. Rubén conseguiu escapar e chegar á embaixada soviética en París, dende a que logrou regresar á Unión Soviética, reuníndose coa súa nai e súa irmá Amaya.[9] Unha vez en Moscova, no outono de 1939, ingresou na Academia Militar Btzika, da que saíu co rango de tenente.[10] Despois da súa graduación, foi asignado a unha unidade militar situada na capital soviética.

Segunda guerra mundial editar

Despois do estalido da Segunda guerra mundial, Rubén foi mobilizado. En xullo de 1941 estaba ao mando da 175ª Compañía de Metralladoras da 1ª División Proletaria de Moscova, na fronte de Belarús, [11] cubrindo a retirada soviética preto de Borisov. [10] A maior parte da ofensiva alemá estaba concentrada nesta área.[11] Durante os combates na zona resultou ferido grave.[12] Poucos meses despois, en setembro, foi galardoado polas súas accións coa Orde da Bandeira Vermella.[10]

Xa en 1942 volveu á fronte, por petición propia.[10] Fíxoo enmarcado nunha unidade que foi enviada á fronte de Stalingrado.

Para entón estaba ao mando dunha compañía de metralladoras da 35ª División de Gardas Fusileiros.[13] Cando chegou a Stalingrado en agosto de 1942, a súa unidade estaba situada no sector de Samojválovka-Kotlubán,[13] coa misión de resistir aos alemáns neste sector. A súa compañía de metralladoras tiña como misión defender a estación de Kotluban. Na noite do 23 de agosto, a súa unidade foi atacada pola Wehrmacht, causando o ataque moitas vítimas entre os defensores soviéticos. Despois de que o comandante do seu batallón caese morto, Ibárruri asumiu o mando da defensa soviética, ata que ao día seguinte resultou gravemente ferido, alcanzado por unha bala. Foi enviado a un hospital de campo en Sredniaia Akhtuba, no outro lado do Volga. Morreu o 3 de setembro de 1942,[14] por mor das feridas.

Honras editar

Foille concedida a máxima condecoración do país, a de Heroe da Unión Soviética, a título póstumo.[15] Foi soterrado en Stalingrado, no monumento aos caídos situado en Mamáev Kurgán, onde ten un monumento dedicado na súa honra.

En 1972 o asteroide (2423) Ibarruri foi nomeado como tal na súa honra.[16]

Condecoracións editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar