Roupa vella
A roupa vella é unha preparación a base de carnes e outros produtos sobrantes dun cocido (ou dunha lacoada), típico da gastronomía de Galicia, aínda que tamén, on algunhas variantes, doutros países de fala hispana, onde se coñece como ropa vieja.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/ROUPAVELLA.jpg/300px-ROUPAVELLA.jpg)
Preparación
editarPara a súa preparación, nunha tixola e cun pouco aceite de oliva dóurase un pouco (até que queden transparentes) cebola picada, que se pasará a unha gran tixola; dóuranse, un pouco máis, pementos (verdes, ou vermellos, ou ambos) cortados en tiras e estas divididas en dous ou tres partes, que se pasan tamén á tixola grande, que estará a un lume moi baixo. Noutra tixola pequena, frítense varios tomates cortados en cuarteiróns, e machucándoos cunha culler de pau, para que se desfagan ben, e incorpóranse á gran tixola.
A continuación, noutra tixola limpa, e en aceite limpo, dóuranse os restos cárnicos do cocido, cortados en pequenos anacos (a poder ser, non deben faltar o lacón, a costela de porco, o xarrete, o polo, o chourizo e o touciño; segundo Picadillo,[1] se houber tamén galiña, aínda sería mellor).
A medida que quedan dourados, vérquense tamén na tixola grande. Á parte, dóuranse os garavanzos, pouco, procurando que non salten, e tamén e incorporan á gran tixola. Sazónase con pementas branca e negra e un pouco de sal. Remóvese e mestúrase todo coa culler de pau.
Mentres se fai todo isto, cócense varios ovos que despois, costados en gallos, servirán para adornar a fonte onde se servir´a roupa vella.
Variantes
editarAlgúns engaden, xunto coas pementas, especies de callos e comiño moído.
Este prato é, como vimos, para aproveitar as sobras dun cocido. Se á súa ve houbera sobras desta preparación, o mestre Picadillo suxire unha forma para aproveitala, a roupa inservíbel.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Picadillo (2001): La cocina práctica. León (España): Editorial Everest Galicia, S. L. ISBN 84-403-0510-9. (A primeira edición é de 1905).
- Sueiro, J.-V. (1981): "Ropa vieja", en Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8533-732-8, páx. 237.