Rosario Pi Brujas, nada en Barcelona en 1899 e finada en Madrid o 22 de marzo de 1967, foi unha directora, produtora e guionista de cinema catalá.

Infotaula de personaRosario Pi
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1899 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1967 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , actriz , escritora , guionista , empresaria Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioRizpay Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0681157 Find a Grave: 39967253 Editar o valor em Wikidata

Con Helena Cortesina, Ana Mariscal e Margarita Alexandre conforma o cuarteto de mulleres fundadoras do cinema de España.[1]

Traxectoria editar

Rosario Pi naceu en Barcelona no seo dunha familia adiñeirada que posuía unha fábrica téxtil en Sabadell. Durante toda a vida sufriu as secuelas dunha parálise infantil (posiblemente poliomielite[2]) que a obrigou a levar un bastón e zapatos ortopédicos. Aínda así foi unha muller activa e intelectualizada.[3]

Abriu unha tenda de moda, ou unha corsetaría, en Barcelona na década de 1920, que non prosperou e acabou pechando en 1929 na procura doutros horizontes. Marchou a Madrid e, a partir de entón, centrou a súa actividade no cinema. Creou a produtora Star Films co mexicano Emilio Gutiérrez Bringas e co español Pedro Ladrón de Guevara, na que figuraba como presidenta.[4] Entre 1931 e 1935 produciu o primeiro filme sonoro de Edgar Neville, así como dos directores Benito Perojo e Fernando Delgado.

En 1933 produciu curtas e longametraxes e comezou a súa carreira cinematográfica detrás da cámara. Dirixiu o seu primeiro filme, El gato montés (1935), que se considerou o primeiro filme sonoro dirixido por unha muller en España ata que en 2020 se descubriu nos arquivos da Filmoteca Española o filme Mallorca, de María Forteza, cunha data que non se puido establecer con precisión.[5] Cómpre salientar que xa en 1921, outra muller, a bailarina e actriz Helena Cortesina (1904-1984) dirixira o filme mudo Flor de España o leyenda de un torero.[3]

Foi amiga de Perico Chicote e Ricardo Urgoiti, que lle deixaron os locais para os seus filmes, xa que non tiña recursos económicos suficientes.[3]

Os filmes de Pi, a pesar de seren folletíns típicos dos anos 30, tiñan trazos surrealistas e vangardistas que Luis Buñuel repetiu en Abismos de pasión (1953).[6] En plena guerra civil, comezou a rodar Molinos de viento (1937) que rematou en París, onde fuxiu coa protagonista, Maria Mercader. O filme, producido por Internacional Films, de Barcelona, estreouse en 1938, mais a súa proxección foi censurada na zona republicana porque Pi foi acusada de filofascista.

Recibiu unha oferta da Fox, mais tras desbotar a posibilidade de traballar en Hollywood,[6] Pi e Mercader marcharon a Roma, aos estudos de Cinecittà, onde coñeceron a Vittorio de Sica, que casou con Maria Mercader. Algúns críticos cren que Pi continuou a traballar no cinema en Roma e que foi a directora se acreditar do filme Forza bruta (1940).[7]

Na posguerra regresou a Madrid, despois de buscar un traballo en Barcelona, ​​onde o réxime franquista —co que simpatizara— non a acolleu por ser unha muller de cinema e vangardista. Resultoulle imposible traballar na súa profesión nun mundo de homes en que só lle daba importancia ás mulleres como actrices. Escribiu algúns artigos co pseudónimo de Rizpay[8] e nos últimos anos da súa vida abriu un restaurante en Madrid, onde morreu en 1967.[3][4]

Filmografía editar

Título Ano Tarefa
¡Yo quiero que me lleven a Hollywood! 1931 Produción
El hombre que se reía del amor 1933 Produción
Odio 1934 Produción (filme dirixido por Richard Harlan)
Doce hombres y una mujer 1934 Guión, escenografía, deseño de produción (filme dirixido por Fernando Delgado, sobre un libro de Wenceslao Fernández Flórez)
El gato montés 1935 Dirección e guión (sobre a ópera de Manuel Penella)
Molinos de viento 1938 Dirección (filme perdido[9])

Notas editar

  1. Margarita Alexandre, la antifranquista que deslumbró a Franco, El País, 4 de xaneiro de 2016 (en castelán)
  2. Martin-Márquez, Susan (1999). Feminist Discourse and Spanish Cinema: Sight Unseen (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780198159797. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Marin Silvestre, Dolors. "Rosario Pi Brujas". Diccionari Biogràfic de Dones. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Biografía de Rosario Pi". 23 de maio de 2010. Archived from the original on 23 de maio de 2010. Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  5. "‘Mallorca’, de María Forteza, ¿la primera película sonora dirigida por una mujer en España?". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Rosario Pi Brujas | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  7. Zecchi, Barbara (2014). Desenfocadas. Cineastas españolas y discursos de género. Barcelona: Icaria. pp. 49–56. ISBN 978-8498885682. 
  8. Crusells, Magí and Sebastián, Jordi (2008). Diccionario de directores de cine en Cataluña. p. 194. 
  9. Zecchi, Barbara. "Rosario Pi Brujas". Gynocine Project. Consultado o 3 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar