Richard Harlan
Richard Harlan, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 19 de setembro de 1796 e finado en Nova Orleáns (Luisiana) o 30 de setembro de 1843, foi un médico, naturalista, zoólogo, botánico, físico e paleontólogo estadounidense.
Richard Harlan | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de setembro de 1796 |
Lugar de nacemento | Filadelfia |
Falecemento | 30 de setembro de 1843 (47 anos) |
Lugar de falecemento | Nova Orleáns |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Faculdade Perelman de Medicina da Universidade de Pensilvânia |
Ocupación | botánico, zoólogo, herpetólogo, naturalista, paleontólogo, físico e médico |
Irmáns | Josiah Harlan |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Graduise en medicina na Universidade de Pensilvania. Sendo aínda estudante, foi membro da Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, a primeira sociedade científica de Historia natural dos Estados Unidos.
Ao acabar o seu doutoramento, en 1818, foi médico de a bordo e viaxou á India durante un ano.
En 1821 foi nomeado profesor de anatomía comparada no Museo de Filadelfia.
ObrasEditar
- Fauna Americana, 1825
- Genera of North American Reptilia, & a Synopsis of the Species. Dous vols., 1826-1827 (Foi o primeiro catálogo da fauna herpetolóxica de América do Norte).
- American Herpetology, 1827
AbreviaturasEditar
A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Harlan |