Romário

futbolista brasileiro
(Redirección desde «Romario»)

Romário Da Souza Faria, nado en Río de Xaneiro o 29 de xaneiro de 1966, e un exfutbolista brasileiro que xogaba de dianteiro, e actual deputado na Cámara de Deputados do Brasil.

Romário
Información persoal
Nome Romário de Souza Faria
Nacemento 29 de xaneiro de 1966
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Altura 167 centímetros
Posición dianteiro e dianteiro centro
Na rede
http://www.romario.com.br
IMDB: nm0739838 Facebook: romariodesouzafaria Twitter: RomarioOnze FIFA: 63547 UEFA: 5112 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gañou o Mundial de Fútbol de 1994. Alcumado O Baixinho pola súa pequena estatura, foi un dianteiro goleador e talentoso, que recibiu o premio FIFA World Player en 1994. Máximo goleador do Campionato Carioca en 7 ocasións, da Eredivisie noutras 3 ocasións, e da Liga española nunha ocasión mais, ó longo da súa carreira profesional anotou 902 goles entre clubs e selección.

Carreira profesional editar

A súa carreira comezou no Vasco da Gama, equipo no que acreditou uns rexistros goleadores que chamaron a atención de varios equipos europeos. En 1988 asinou un contrato co recente gañador da Liga de Campións da UEFA, o PSV Eindhoven. Despois de 5 tempadas en Países Baixos, o FC Barcelona adestrado por Johan Cruyff fíxose cos seus servizos para tentar gañar a 2ª Copa de Europa. A pesar de acadar o Pichichi e a liga no seu primeiro ano, na seguinte tempada abandonou o club, para rematar a tempada no Flamengo. Ó ano seguinte volveu a España para defender as cores do Valencia CF, pero non xogou mais que 10 encontros. O resto da súa carreira foi unha continua peregrinación por varios clubs brasileiros, asiáticos, australianos e estadounidenses, lonxe do máximo nivel do fútbol internacional.

Club Tempada Liga Copas Nac. Copas Inter. Total
PXog Goles PXog Goles PXog Goles PXog Goles
Vasco da Gama
  Brasil
1985/88 125 80 - - - - 125 80
1999/02 79 81 9 6 24 19 112 106
2005/06 34 24 3 4 - - 37 28
2007/08 6 3 - - - - 6 3
Total 244 188 12 10 24 19 280 217
PSV Eindhoven
  Países Baixos
1988/93 107 98 11 13 22 16 140 127
Total 107 98 11 13 22 16 140 127
FC Barcelona
  España
1993/95 46 34 2 0 17 5 65 39
Total 46 34 2 0 17 5 65 39
Flamengo
  Brasil
1995/96 59 59 10 2 4 2 73 63
1996/97 23 21 9 7 0 0 32 28
1997/99 63 52 11 13 10 12 84 77
Total 145 132 30 22 14 14 189 168
Valencia CF
  España
1996/97 5 4 0 0 0 0 5 4
1997/98 4 1 1 1 0 0 5 2
Total 9 5 1 1 0 0 10 6
Fluminense
  Brasil
2002 26 16 0 0 0 0 26 16
2003/04 34 18 2 2 0 0 36 20
Total 60 34 2 2 0 0 62 36
Al-Sadd Sports Club
  Qatar
2003 3 0 0 0 0 0 3 0
Total 3 0 0 0 0 0 3 0
Miami FC (*)
  Estados Unidos
2006 25 19 1 0 0 0 26 19
Total 25 19 1 0 0 0 26 19
Adelaide United
  Estados Unidos
2006 4 1 0 0 0 0 4 1
Total 4 1 0 0 0 0 4 1
Total na súa carreira 637 511 59 48 77 54 773 613

(*) Goles e encontros de Segunda División

Coa selección brasileira disputou 70 encontros, anotando 55 goles, que o colocan na 3ª posición de goleadores coa canarinha por detrás de Pelé (77 goles) e Ronaldo (67 goles), e por diante de Zico (52 goles) e Bebeto (39 goles). Trala prata acadada nos Xogos Olímpicos de Seúl en 1988, conquistou a Copa América de 1989, o Mundial de 1994, de novo a Copa América en 1997, e a Copa Confederacións de 1997. En 1998 tivo unha lesión e non foi chamado para o mundial. O último encontro de Romário coa selección do Brasil tivo lugar o 27 de abril de 2005.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar