Falsa acacia

Especie botánica
(Redirección desde «Robinia pseudacacia»)
Falsa acacia

Follas e flores da robinia.
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Robinieae
Xénero: Robinia
Especie: R. pseudacacia
Nome binomial
Robinia pseudoacacia
L.

A falsa acacia, robinia, acacia bastarda ou acacia branca [1],(Robinia pseudoacacia) é unha árbore caducifolia pertencente á familia leguminosa das fabáceas.

Orixinaria de América do norte, foi introducida en Europa onde se considera especie invasora. É moi común en Galicia.

Etimoloxía

editar

O nome do xénero Robinia dedicoullo o naturista Carl von Linné ao botánico Jean Robin, 1550-1629, botánico do rei Henrique IV de Francia, que introduciu esta árbore en Francia procedente das colonias francesas americanas. O primeiro individuo, plantado na praza Dauphine de París en 1601, desapareceu hai anos, mais dos seus regromos aínda sobreviven algunhas árbores hoxe na vila: unha no barrio : René-Viviani plantada en 1601[2]), e outra no xardín botánico parisién: Jardin des plantes de Paris, plantada en 1636.[3] Aínda con semellanzas ás especies do xénero Acacia, a robinia non pertence a tal xénero, de aí o termo da especie: pseudacacia e o nome común galego de acacia falsa ou bastarda. No Val de Barcala coñécese como serpín.

Descrición

editar
 
Aspecto da árbore na primavera.

A arboriña pode acadar os 20 ou 30 m de altura. Adoita formar pequenas manchas boscosas monospecíficas invasoras a partir dos numerosos abrochos que saen a xeito de fillos da planta nai.

O tronco é pardo cinsento cunha casca grosa profundamente fendida en sentido lonxitudinal[4]. A pólas novas son espiñentas.

Posúe unha copa ampla pouco mesta con follas compostas por entre nove e vinte e un folíolos ovais [4] de cor verde amarelentos que se viran amarelos no outono antes da caída. É común a seca dalgunhas pólas, e nalgúns casos da árbore enteira. As estípulas das follas das pólas sen flores transfórmanse en espiñas, que fican despois da caída das follas.

 
Póla de falsa acacia.

As flores son brancas, penduradas en acios perfumados e melíferos de 10 a 25 cm de longo.[4]. Os froitos son unhas vaíñas achatadas, de 7 a 12 cm de longo, que conteñen gran número de grans[4]. Os legumes fican na árbore despois da caída das follas.

A rizosfera da robinia incentiva ás bacterias fixadoras de azote. O sistema radicular pode estenderse nun radio de 15 metros arredor do toro en terreos secos.[4].

Cada ano a madeira de primavera xera un anel poroso. Entre as células do parénquima grandes vasos son visíbeis a simple vista.

A robinia non atura be na poda, de executala, cómpre facela xusto despois a floración.

 
Inflorescencia.
 
Froitos de robinia.

Distribución

editar

Orixinaria da rexión dos Montes Apalaches, no leste de América do Norte, a falsa acacia foi introducida en Europa, e se lle considera especie invasora en Francia, Alemaña, no norte de Italia, Polonia, Países Baixos, Suíza, Hungría, Grecia e Chipre. Ademais atópase no norte de España, en Turquía, en Israel, en Australia e en Nova Zelandia. A súa distribución é favorecida pola agricultura.

En Galicia áchase naturalizada nas zonas baixas de todo o territorio dende principios do século XX.

Hábitat

editar

É unha árbore de pouca altitude (por baixo dos 700 m) naturalizada no oeste de Europa, non pasando ao norte os Países Baixos. Plantouse igualmente para estabilizar noiros arrentos* e rochosos e tamén pola súa madeira de bastante calidade e resistencia a humidade. É unha árbore pioneira, isto quere dicir que se limita a colonizar terras degradadas que, por outra banda e por ser unha leguminosa, enriquece o solo coa fixación de azote. Prefire solos pobres en calcaria, aínda que medra en calquera solo, agás nos lameiros e solos con arxila moi compactos. É unha árbore heliófila, fuxindo de zonas moi sombrías. Con 3,2 millóns de hectáreas no mundo, é a terceira especie de madeira dura máis plantada no mundo despois dos lamigueiros e dos eucaliptos.

En Galicia é común en solos pobres de noiros, colonizando leiras abandonadas e terreos incendiados, e incluso naturalizada en fragas e arboredos. Tamén é común o seu uso en xardinería urbana.

Especie invasora

editar
 
Arboredo de robinias.

O seu rápido crecemento, a súa importante capacidade de multiplicación vexetativa (rebentos ou fillos), a súa produción abondosa de grans tóxicos, a capacidade de fixación de azote atmosférico e mais a toxicidade da súa madeira e das súas follas, fan que sexa unha especie pioneira, competitiva, capaz de modificar intensamente os ecosistemas locais.[5].

Esta especie é xeralmente considerada como invasora en gran parte do territorio europeo, impedindo o crecemento doutras plantas especialmente pola coincidencia nas datas de polinización. Nalgunhas zonas substituíu os castiñeiros dos soutos ou formacións de capudres. Con todo acostuma colonizar os solos que lle son máis axeitados: frescos e areentos, en terreos asollados.

Doenzas

editar
 
Casca da robinia.
 
Espiñas.

Hai algunhas especies de insectos minadores das follas desta planta:

 
Robinia pseudoacacia
  • A madeira emprégase en carretaría, ebanistaría, tornaría etc. para facer mobles, xogos para nenos ao ar libre e parqué. Ten unha elevada resistencia e unha durabilidade natural moi boa. Emprégase tamén coma leña para facer lume ou achas.
  • As abellas producen coas flores de robinia un mel coñecido popularmente como mel de acacia.
  • As raíces teñen unha elevada capacidade para a fixación de nitróxeno atmosférico. Tamén é empregada a robinia para fixar noiros.
  • Emprégase como árbore ornamental en cidades e vilas. A follaxe ten unha bonita cor dourada no outono.
  • As flores úsanse nalgúns países coma Italia para facer receitas de sobremesa. Follas e sementes son tóxicas.

Toxicidade

editar

A falsa acacia posúe unha proteína lectina nas súas sementes, que as fai tóxicas: cabalos que consomen a planta desenvolven síntomas de anorexia, depresión, diarrea, cólicos, fraqueza, e arritmia cardíaca. Os síntomas aparecen xeralmente arredor dunha hora despois de tela inxerido e cómpre atención veterinaria inmediata. Só as flores son comestíbeis.

Arboricultura

editar
 
Robinia pseudoacacia var. frisia.

A robinia é moi usada en xardinaría, especialmente nos Estados Unidos e en Europa. Hai moitos cultivares con distintas características:

  • Bessoniana con copa moi mesta, sen flores;
  • Casque Rouge con flores de cor rosa;
  • Frisia con follaxe verde moi clara, de precioso ton dourado;
  • Pyramidalis ou Fastigiata con forma piramidal;
  • Umbraculifera cunha copa moi redonda e compacta, sen espiñas e flores, moi usada para aliñamento de rúas;
  • Unifolia con follas dun so folíolo de 10–15 cm de longura ou 2-4 folíolos de menor talle.

Algúns especialistas comparan as virtudes da sófora (Styphnolobium japonicum) contra as da robinia. A primeira carece de espiñas porén ten o problema de que os seus froitos pegañentos emporcan as rúas onde son plantados.

Entre outras características, a robinia acidifica o solo e determina a perda de catións ao fixar o nitróxeno.[6]

  1. Nome en galego, http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=robinia&tipo_busca=lema.
  2. Jacques Hillairet (1985). Dictionnaire historique des rues de Paris. éditions de Minuit. p. 452. ISBN 2707310549. 
  3. "Site officiel du Muséum national d'histoire naturelle". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 (en francés) Arbres, Jaromir Pokorny, p. 118, ISBN 2-7000-1818-4, Éditions Gründ, 1987.
  5. (en francés) Les plantes invasives en France, Serge Muller, Publications du MNHN, Paris 2004, ISBN 2-85653-570-4.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar