Roberto Iniesta

músico español

Roberto Iniesta Ojea, nado en Plasencia (Cáceres) o 16 de maio de 1962,[1] tamén coñecido simplemente como Robe, é un compositor, músico e novelista español coñecido por ser o fundador e a imaxe do grupo de rock Extremoduro.

Roberto Iniesta
Roberto Iniesta Madrid 08.jpg
AliasRobe
Nacemento16 de maio de 1962
OrixePlasencia
OcupaciónMúsico
Compositor
Novelista
Instrumento(s)Voz, Guitarra
Na rede
Ficha na IMDb
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Infancia e ceda xuventudeEditar

Roberto Iniesta naceu Plasencia, Estremadura, o 16 de maio de 1962. Tras deixar a escola en terceiro de BUP e traballar co seu pai, empezou a escribir cancións aos vinte anos e monta o seu primeiro grupo, Lethal Dose, con Luisma, Juano, Paco Doniga e Zósimo “Zosi” Pascual. Durante estes anos, el tamén estaba a traballar nun posto de lambetadas.

Primeiros éxitos musicaisEditar

Influenciado por bandas como AC / DC ou Leño, forma en 1987 a banda Extremoduro. Ao non ter os fondos necesarios para pagar unha gravación, decidiron ir vender papeletas para calquera que quixera contribuír (mil pesetas cada un), o que serviría para obter unha copia da maqueta cando esta fora gravada. Venderon 4 250 destes billetes, polo que se pechan nos estudos Duplimatic en xaneiro de 1989 e lanzan unha tirada de mil exemplares desta primeira demo titulada “Rock transgresivo”, que foi distribuída pola rexión estremeña. Ese mesmo ano, Avispa Music fíxase en Extremoduro, e ofrécelles un contrato por tres anos. En 1991 comezaron a negociar con Avispa para gravar o segundo álbum, pero por problemas coas dietas, e ante as baixas expectativas para o futuro que o selo lles ofrecía, deciden romper o seu contrato e asinar co selo Área Creativa de Pasión Cía. De novo unha compañía independente, pero esta vez con mellores condicións e medios. As diferenzas económicas por non cobrar dereitos inevitablemente os levou a romper coa compañía e isto fixo que máis tarde aquel mesmo ano ficharan por DRO, unha subsidiaria da Warner Music.

A comezos de 1993, Roberto mudouse a Barcelona e creou os Q3. Robe dedicou todo este tempo para compoñer e propuxo á discográfica gravar un disco en solitario, pero, a continuación, escolleu rexeitar a precaria oferta que propuxeron. Ademais, os membros de Q3 substitúen aos seus excompañeiros de banda en Extremoduro. Foi con esta formación que, durante os concertos dese ano e o seguinte, farían que esa época fora coñecida como a Era do Caos pola anarquía e imprevisibilidade das súas actuacións probablemente por mor das experiencias e problemas persoais de Robe. Así que a formación cambiou de novo e entraron novos membros para a banda que foron presentados a Robe por Iñaki Antón.

Salto á famaEditar

Pero non foi ata 1996, cando foi catapultado á fama co seu álbum Agila, o mesmo ano no que recibe a noticia da morte do seu pai. A entrada á banda do guitarrista e produtor Iñaki "Uoho" Antón, pertencente por aquel entón ao grupo Platero y Tú, foi un punto de inflexión na traxectoria da banda.

Tras o lanzamento de Canciones prohibidas (1998) e, compaxinando a súa actividade coa carreira da banda, decide unirse a Iñaki Antón e Fito Cabrales (tamén de Platero y Tú) para crear un supergrupo chamado Extrechinato y Tú co fin de facer un álbum que tribute a poesía do poeta Manolo Chinato, quen tamén participaría na gravación. Tras cinco anos de traballo, o álbum Poesía Básica finalmente ve a luz o 27 de abril 2001.

En 2002, inicia unha xira por todo o país, xunto co lanzamento do novo traballo da banda, Yo, minoría absoluta. Máis tarde, despois de anos á fronte do grupo de rock e durante un parón do mesmo, crea en 2006 xunto a Iñaki Antón, a discográfica Muxik por medio da cal queren presentar os primeiros traballos de grupos que pensan que merecen ser escoitados. Un dos primeiros álbums lanzados por Muxik foi o do grupo Inconscientes ( "la inconsciencia de Uoho") en 2007, onde o propio Robe axudou nalgúns arranxos.

A mediados de maio de 2008, volveu á estrada en Santander coa Xira 2008 e o 9 de setembro do mesmo ano saca ao mercado outro novo disco con Extremoduro titulado "La ley innata", unha "suite rockera" composta por unha introdución, catro movementos e unha coda flamenca. Este álbum dá un novo aire a este grupo, que, aínda que siga tratando a mesma temática que antes, emprega recursos musicais que antes non tiñan.

Durante o seu parón compositivo, recoñeceu publicamente que estaba falto de inspiración. Mentres tanto, estaba escribindo unha novela, El viaje íntimo de la locura, axudado polos seus estudos de gramática e ortografía na Universidade a Distancia, a cal se publicaría o 28 de setembro de 2009. A novela tivo unha boa acollida comercial vendendo 10 000 exemplares en pouco máis dunha semana, esgotando a primeira edición da mesma.

O 24 de maio de 2011 Extremoduro estreou novo disco: Material defectuoso. A pesar de non recibir ningúnha promoción, conseguiu estar catro semanas consecutivas na parte superior das listas de venda españolas. Extremoduro comezou a gravar un novo álbum que deixou aparcado para realizar a súa xira Robando perchas del hotel. Foi a primeira vez que o grupo ofreceu actuacións en Latinoamérica. Tras acabala, a gravación do novo álbum rematou na primavera de 2013. O undécimo álbum do estudio da banda, Para todos los públicos, íase publicar o 19 de novembro pero debido a unha filtración do mesmo, tivo que ser adiantada ao 8 de novembro de 2013. A pesar diso, o álbum chegou a alcanzar o número un nas listas de venda españolas.

En setembro de 2014, outórgaselles a Medalla de Estremadura; o máximo galardón que outorga esta comunidade autónoma.

Inicio da súa etapa en solitarioEditar

O 9 de xuño de 2015 publicouse o seu primeiro álbum en solitario, Lo que aletea en nuestras cabezas.​ Anunciouse que a súa etapa estará ligada á de Extremoduro, polo que a banda non se verá afectada. O 18 de novembro de 2016, lanza o seu segundo álbum de estudio en solitario, de título Destrozares, canciones para el final de los tiempos.

En 2017 percorreu a península promocionando os seus discos en solitario, na xira Bienvenidos al temporal, trala confirmación o 7 de marzo, momento no que lle foi entregado o segundo disco de ouro á nova formación.

DiscografíaEditar

En solitarioEditar

Con ExtremoduroEditar

Con Extrechinato y TúEditar

ColaboraciónsEditar

NovelasEditar

  • El víaje íntimo de la locura. El Hombre Del Saco, S.L. 2009.

NotasEditar

  1. Tras gravar en xaneiro de 1989 a maqueta primitiva Rock transgresivo, a banda publicaría o seu primeiro álbum de estudio Tú en tu casa, nosotros en la hoguera co selo discográfico Avispa. Como non quedaron conformes co resultado deste último, a maqueta primitiva foi parcialmente regravada, sendo publicada en agosto de 1994 como o novo álbum de estudio que substituiría a gravación Tú en tu casa, nosotros en la hoguera.
  2. Remasterizado eparcialmente regravado.
  3. Remasterizado e parcialmente regravado.

ReferenciasEditar

  1. "Robe Iniesta cumple 50 años". rollingstone.es. 13 de mayo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 30 de noviembre de 2013. 
  2. Rock In Spain (22 de abril de 2013). "Robe con Forraje". Rock In Spain. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 22 de abril de 2013. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fernández, Iñaki (1997). Colección imágenes de rock. Extremoduro. La Máscara 73. ISBN 8479741937. 
  • Fernández, Iñaki (1998). CD Rock. Extremoduro. La Máscara. ISBN 84-7974-314-X. 
  • Menéndez Flores, Javier (23 de mayo de 2013). Extremoduro. De profundis. La historia autorizada. Grijalbo Ilustrados. ISBN 9788425350337. 

Ligazóns externasEditar