Evaristo Páramos

cantante galego

Evaristo Páramos Pérez, nado en Guillarei (Tui) o 13 de xuño de 1960, é un cantante de música punk galego-vasco. É coñecido principalmente por ter sido o vocalista de La Polla Records, grupo activo de 1979 a 2003 e de 2019 a 2021, e que xunto a outras bandas coetáneas, foi englobado dentro do chamado Rock Radical Vasco. Actualmente é o vocalista da banda Tropa do Carallo.

Modelo:BiografíaEvaristo Páramos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Evaristo Páramos Pérez Editar o valor en Wikidata
13 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Guillarei, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actor, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor en Wikidata

Páxina webevaristoparamos.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2118236 Musicbrainz: ac4450b6-4e74-49f6-96cd-0c097419c771 Discogs: 2283958 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dunha pontevedresa e un ourensán, naceu na parroquia de Guillarei, en Tui, trasladándose aos tres anos á localidade alavesa de Agurain.[1]

En 1979 creou, xunto con "Sumé", "Txarly", "Maleguin" e "Fernandito" o grupo La Polla Records, considerado anos máis tarde,un dos grupos máis importantes da historia do punk en España. Ao principio tocaban en garaxes e bares, realizando a súa primeira actuación nun bar do seu pobo. En 1983 lanzaron o seu primeiro EP titulado ¿Y ahora qué? baixo a discográfica independente Oihuka, con só catro cancións. Pouco despois, en 1984, sacaron un disco máis completo co título Salve. As súas letras están cargadas de fortes críticas contra o capitalismo, o fascismo, o nacionalismo, o autoritarismo, o catolicismo, a política, a alienación, a moda e outros factores da sociedade, o que caracterizou toda a súa carreira.

O grupo gravou un total de 13 discos de estudio e tres en directo e conta con moitos dos grandes himnos do punk en castelán como "No somos nada", "Ellos dicen mierda" ou "Salve" En 1994 tiveron que cambiar de nome por unha sentenza xudicial tras unha denuncia dun antigo técnico de son e pasáronse a chamar simplemente "La Polla".

A banda mantivo a súa actividade ata o ano 2003, coa separación definitiva do grupo, pouco despois da morte de Fernandito.

Paralelamente a La Polla, Evaristo formou no 2002, xunto cos compoñentes de RIP, o grupo The Kagas, co que publicaron o disco Nuevos héroes del rock. Dous anos despois, cando La Polla xa se retirara dos escenarios, Evaristo e RIP volveron xuntarse baixo o nome de The Meas, para gravar o disco Buscándose la vida. Estes dous grupos foron experimentos temporais que non realizaron máis que uns poucos concertos.

En 2002, a editorial Txalaparta publicou o seu libro Por los hijos lo que sea, que contén unha serie de pensamentos filosóficos e relatos sobre o divino e o humano.

Trala desaparición de La Polla, Evaristo non tardou en formar unha nova banda, Gatillazo, coa que sen publicar ningún disco, alá polo 2004, comezou a dar concertos. O seu primeiro disco homónimo viu a luz en 2005, e a este seguírono outros cinco: Dianas legales en 2007[2], Sex Pastels en 2008, Sangre y mierda en 2011[3], Siglo XXI en 2013[4] e Cómo convertirse en nada en 2016.[5]

O 17 de novembro de 2014, Evaristo publica o seu segundo libro, titulado Cuatro estaciones hacia la locura.[6] En 2016, publica unha segunda parte deste libro, titulada Cuatro estaciones en la locura.[7]

O 26 de maio de 2018, tras actuar nun festival de Xerez da Fronteira, foi identificado pola Garda Civil, co obxectivo de denuncialo por supostamente insultar á policía. A actuación policial tivo un notable eco nas redes sociais e o líder de Podemos, Pablo Iglesias comentou que o ocorrido "fala da putrefacción da nosa democracia".[8]

En 2019 formou parte do regreso aos escenarios de La Polla Records, gravando un novo disco e realizando varios concertos, ata que no 2021 o grupo disolveuse definitivamente.[9] A continuación formou unha nova banda, Tropa do Carallo, xunto a Abel Murua, Tripi e Alberto Salgado.[10]

Identifícase como "galego-vasco" e é un recoñecido seguidor do Celta de Vigo, vestindo a súa camisola en moitos dos seus concertos.[11]

Actualmente reside na localidade de Oñati, en Guipúscoa.

Discografía

editar

La Polla Records (1979-2003)

editar

The Kagas

editar

The Meas

editar

Gatillazo (2004-2019)

editar

Tropa do Carallo (2021-presente)

editar

Libros publicados

editar

Filmografía

editar

Cinema

editar
  1. "Evaristo Páramos: «Si me quedaran tres meses, me gustaría estar en el equipo de Albert Pla»" (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2024. 
  2. "Evaristo apuesta por sonidos más rockeros en el nuevo disco de Gatillazo" (en castelán). 21 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  3. "Gatillazo, volvieron con Sangre y Mierda" (en castelán). 8 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  4. "Gatillazo – Siglo XXI" (en castelán). 3 de abril de 2013. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  5. "Ya está aquí el nuevo disco de Gatillazo: Como convertirse en nada" (en castelán). 8 de abril de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  6. "Evaristo publica hoy un libro" (en castelán). 17 de novembro de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  7. "Evaristo Páramos publica ‘Cuatro estaciones en la locura’" (en castelán). 30 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  8. "A Garda Civil retén Evaristo despois dun concerto en Xerez". Nós Diario. 2018-05-27. Consultado o 2022-11-18. 
  9. "Noche mágica" (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2024. 
  10. "Tropa do carallo, la nueva banda de Evaristo Páramos" (en castelán). 17 de outubro de 2021. Consultado o 11 de marzo de 2024. 
  11. "Evaristo, un punk futbolero" (en castelán). 29 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018.