Rock transgresivo
Rock transgresivo é o título do primeiro álbum de estudio da banda estremeña de rock Extremoduro, gravado e publicado por Avispa en 1989 e remezclado, producido por Iñaki "Uoho" Antón e republicado por DRO en 1994.
Rock transgresivo | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Extremoduro | ||||
Publicado | 26 de agosto de 1994 | |||
Xénero(s) | Rock | |||
Selo(s) | Avispa DRO East West | |||
Produtor | Iñaki "Uoho" Antón | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Antes de gravar en 1989 o seu primeiro disco, o grupo o "vende" entre os seus amigos e coñecidos en forma de vales ao prezo de 1.000 pesetas co fin de poder pagar a súa gravación; finalmente obteñen 250.000 pesetas. Cando o gravan na discográfica independente Avispa, co título de Tú en tu casa, nosotros en la hoguera, aparecen na contraportada os nomes de todos aqueles que contribuíron ó seu financiamento. Con todo, a discográfica os engana co contrato, tendo incluso que pagar o propio grupo o estudio, co que o ambiente non resulta moi bo.
Este primeiro disco conta cun son de pouca calidade (é producido polo propio grupo), e foi feito con medios escasos e bastantes presas, de modo que, co tempo, e unha vez que o grupo xa publicou algúns traballos máis e conta cunha popularidad e medios suficientes, engade novas tomas e mestura de novo o disco, que era practicamente unha maqueta. Todo isto ocorre xa en 1994, cando é producido por Iñaki "Uoho" Antón, de Platero y tú, e publicado por DRO co título de Rock transgresivo.
O álbum inclúe dez temas, todos eles con música e letra escritas por Roberto Iniesta, líder do grupo. Durante a gravación a formación de Extremoduro conta con Iniesta como voz e guitarra, Salo como baixo, Luis "Von Fanta" como batería e Iratze facendo os coros; nas remisturas incorpórase como segunda guitarra a do propio Iñaki Antón.
Entre o seu repertorio atópanse cancións como "Decidí" ou "Arrebato", e contén tamén un grande éxito como "Extremaydura" e o que é probabelmente o tema máis famoso de Extremoduro, "Jesucristo García".
Aínda despois de remisturado, o disco posúe un son cru, ao igual que as súas letras, que, a pesar de non estar aínda tan elaboradas, inician a tradición lírica a seguir por Iniesta nos álbums sucesivos.
Contido
editarLista de cancións
editarRock transgresivo | |||
---|---|---|---|
Nº | Título | Duración | |
01 | "Extremaydura" | ||
02 | "Emparedado" | ||
03 | "Decidí" | ||
04 | "Romperás" | ||
05 | "Adiós, abanico, que llegó el aire" | ||
06 | "Arrebato" | ||
07 | "Jesucristo García" | ||
08 | "La hoguera" | ||
09 | "Te juzgarán sólo por tus errores (Yo no)" | ||
10 | "Caballero andante (¡No me dejéis asíii!)" |