Alfonso Caballero Romero, coñecido artisticamente como Poncho K, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1981, é un cantautor de rock. A súa música caracterízase pola contundencia e o surrealismo das súas letras. As súas influencias inclúen Triana, Pata Negra, Extremoduro ou Albert Pla. El mesmo define a súa música así:

Infotaula de personaPoncho K

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alfonso Caballero Romero Editar o valor em Wikidata
1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPoncho K Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webponchok.net Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: b49a860c-0432-4157-b724-b3c4ade60ee3 Songkick: 428790 Editar o valor em Wikidata
"O meu é rock con pinceladas flamencas, poesía da rúa".[1]

Ademais de cantante, Alfonso Caballero Romero é escritor, tanto de prosa como de verso.

Traxectoria editar

A infancia e a adolescencia de Poncho K transcorreu polas prazas e parques de distintas vilas e barrios contiguos á cidade. Na primeira delas coñeceu a súa primeira guitarra e descubriu o poder de combinar os dedos e a cabeza para compor cancións.

Marchou moi pronto de Andalucía con algo de diñeiro e unha maqueta que gravara con escasos medios. Esta foi difundida rapidamente polas radios. Poncho K comezou o século XXI en Madrid, a cidade que elixira para desenvolver a súa carreira, con 18 anos acabados de cumprir. Coa bagaxe que traía de Sevilla, tiña claro que o seu obxectivo era traballar en solitario e en liberdade, segundo o seu propio criterio.

Asinou un contrato con Sony para publicar o seu primeiro disco, o que inaugurou a súa carreira musical.

Carreira profesional editar

O primeiro disco, “No quiero empates”, deulle a coñecer tanto ao público coma á crítica unhas cancións orixinais e cun estilo propio, equiparábeis ás das voces xa consolidadas no rock. A súa capacidade innata para chegar ao público dotouno dun público fiel desde os seus inicios.

Ese atrevemento que mostrou especialmente nos directos dos dous primeiros discos serviulle para afianzarse no escenario de maneira dura e descarnada. Tras a publicación e a xira do seu segundo disco, "Destino de pluma y mano", en 2004 deixou Sony para gravar o seu terceiro disco coa discográfica El Diablo, de nova creación.

En marzo de 2005 publicou o terceiro álbum, “Cuantovaquere”. A finais dese ano, quizais o peor da súa carreira, cun incesante cambio de músicos na banda, decidiu cambiar de representantes e mudar de residencia. Marchou vivir a unha vila e illouse, co fin de liberarse do trepidante ritmo que levaba.

En 2006, con nova oficina de management e sen compañía discográfica, botouse á estrada para facer a que é considerada como a súa mellor xira, cunha banda en que permaneceu o seu guitarrista Ernesto. Ese feito fixo que Sony o volvese chamar. Tras unha reunión en outono dese ano, volveu asinar con dita discográfica.

O 13 de marzo de 2007 saíu o cuarto traballo, “Cantes Valientes”, producido por Fernando Montesinos. Poncho, no seu devezo de coñecer e aprender, seguiu a cambiar de produtor en cada disco. A xira deste cuarto disco colocouno nunha posición privilexiada no panorama musical, e mesmo logrou esgotar entradas en moitos dos concertos.

En 2009 decidiu tomar un ano de descanso. Dedícase a compor o quinto traballo e dar concertos en acústico para manter o contacto e o afecto que lle ofrece a xente. “Una historia con las manos” foi o título do quinto disco. Poncho K seguiu a mostrar coas súas letras outra visión da realidade, nada compracente con calquera tipo de autoridade ou convencionalismo, cun carácter rebelde, distinto e independente. Como narrador de historias, seguiu a resumir sentimentos dunha forma especialmente visual, mais sen resultar repetitivo, coa capacidade de mostrar a súa loucura interior de forma humana e natural.

O 13 de abril de 2010 Poncho K publica un novo álbum, "Una historia con las manos", de novo producido por Fernando Montesinos. Nel eleva ao grao máximo a súa esencia de “rock con pinceladas flamencas" e "poesía da rúa”. Confírmase con este traballo como un autor de sona da escena española.

"Caballo de oro", lanzado en 2013, é, pola súa parte, un álbum variado e imaxinativo. Percorre ambientes diferentes, inspirado en textos, músicas e arranxos, coa canción Arrebatos de Primavera como primeiro sinxelo.

Obra editar

Discografía editar

Literatura editar

A súa inspiración literaria viu a luz en libros como "Trolo" ou "Zurraspas". Este último trátase dun proxecto en que o artista inclúe letras que ficaron sen sitio en discos anteriores. Baséase, entre outros, en reflexións ou dedicatorias, unha especie de diario literario que prometeu que sería unha triloxía. A segunda parte de "Zurraspas" foi publicada a finais de 2015, a través do financiamento por micromecenado. Publicou as seguintes obras:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar