Albert Pla
Albert Pla, nado en Sabadell o 22 de setembro de 1966, é un cantautor catalán que canta indistintamente en catalán e castelán, dotando as súas cancións dunha particular visión da vida propia dunha personalidade extrema, ás veces con polémicos contidos, e en outras ocasións cun certo toque infantil.
Albert Pla | |
---|---|
![]() Albert Pla en 2018. | |
Nome completo | Albert Pla i Àlvarez |
Nacemento | Sabadell ![]() |
Orixe | 22 de setembro de 1966 (54 anos) |
Ocupación | músico e cantautor |
Xénero | Cantautor |
Instrumento(s) | vocalista e guitarrista |
Selo(s) discográfico(s) | PDI, BMG-Ariola |
Relacionado con | Roberto Iniesta, Fermin Muguruza |
Tempo en activo | 1989 - presente |
Na rede | |
www.albertpla.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Colaborou con Manolo Kabezabolo, Roberto Iniesta (Extremoduro), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Quimi Portet (El Último de la Fila), Kase.O (Doble V) e Quico Pi de la Serra, entre outros; ademais de homenaxear a Pau Riba e Jaume Sisa en máis dunha ocasión.
Traballou en producións cinematográficas como Airbag, de Juanma Bajo Ulloa; A los que aman, de Isabel Coixet; e Honor de caballería, de Albert Serra. Tamén foi o protagonista da obra teatral Caracuero de Helmut Krausser con máis de 150 representacións. Así mesmo, tivo algunhas aparicións na televisión, ben con entrevistas ou ben como colaborador.
Na última etapa, adoita estar acompañado de músicos como Judit Farrés, Diego Cortés, Carles Benavent, Jorge Pardo e Tino di Geraldo.
DiscografíaEditar
- Ho sento molt (PDI 1989)
- Aquí s'acaba el que es donava (PDI 1990)
- Una MM... lligada amb un cordill (2 CD's - PDI 1991)
- No sólo de rumba vive el hombre (BMG Ariola 1992)
- Supone Fonollosa (BMG Ariola 1995)
- Veintegenarios en Alburquerque (BMG Ariola 1997)
- Anem al llit (BMG Ariola 2002)
- Cançons d'amor i droga (2 CD's - BMG Ariola 2003)
- Vida y milagros (CD + DVD en directo - BMG Ariola 2006)
- La diferencia (El Volcán 2008)
- Concert a París (falso directo con Joan Miquel Oliver, 2010)
- Somiatruites (con Pascal Comelade, 2011)
ObraEditar
- España de mierda (novela, 2015)