Violadores del Verso

(Redirección desde «Doble V»)

Violadores del Verso ou Doble V é un grupo musical formado por catro rapeiros aragoneses: Hate (tamén chamado Sho-Hai) (Sergio Rodríguez, MC), Kase-O (tamén coñecido como Javat) (Javier Ibarra, MC), Lírico (David Gilaberte, MC) e R de Rumba (Rubén Cuevas, dj e produtor). O seu representante é José Ramón Alconchel.

Violadores del Verso
OrixeAragón, España
Período1998-presente
Xénero(s)hip hop
Na rede
http://www.violadoresdelverso.org
MySpace: vivirparacontarlo Musicbrainz: 43706fe2-bf24-4b1b-8d0b-28f8439b3d55 Songkick: 108638 Discogs: 1210103 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A primeira referencia que existe dos 4 rapeiros colaborando xuntos e autodenominándose Violadores del Verso, ocorre na maqueta de Gangsta Squad [formado por Lírico (MC) e Brutal (produtor e DJ)] Es tan solo un aviso, aínda que existen tanto na segunda maqueta de Kase-O, como na de Bufank [formado por Juez (produtor), R de Rumba (produtor e DJ) e Hate (ou Sho Hai) (MC)], xa colaboracións dos que serían os compoñentes de Violadores del Verso.

En 1998 aparece o seu primeiro traballo profesional, un EP de 6 cortes co título de "Violadores del Verso". Neste disco danse as primeiras e únicas producións coñecidas de Lírico. Ten como colaborador a FranFuethefirst.

Ese mesmo ano aparece o maxi Violadores del Verso presentan a Kase-O en: Mierda. Este disco contén catro cancións, dúas cantadas e as respectivas instrumentais. Inclúe o polémico tema: "Mierda" que concluíu o famoso "beef" entre Kase-O e Metro (do grupo Geronación).

En 1999 aparece o seu primeiro LP como grupo, Genios, un disco que revolucionou o panorama nacional e instaurounos como grupo de referencia do rap español. Hoxe en día seguen sendo referencia. Destaca a colaboración do norteamericano Jeru The Damaja. Do segundo tema do disco, "Máximo expoñente" realizouse o primeiro videoclip do grupo.

En 2001 publicaron dous traballos co nome de Doble V. Primeiro apareceu o maxi Atrás, con tres temas inéditos. Do tema que dá título ao disco gravouse o segundo videoclip do grupo.

Ese mesmo ano, apareceu o LP Vicios y Virtudes, co que se consagraron como un dos grupos máis importantes do rap en castelán. Destacan temas como La ciudad nunca duerme e Trae ese ron.

A mediados do 2002, publicaron un EP, titulado Tú eres alguien/Bombo Clap, que incluía dous temas novos: un remix de "La ciudad nunca duerme" e das cancións dun concerto realizado na sala Aqualung de Madrid. O disco vendíase xunto co DVD do devandito concerto. Deste modo, Violadores del Verso convertíanse no primeiro grupo de rap español en editaren un vídeo dun dos seus concertos.

Catro anos máis tarde, en maio de 2006, presentaron Vivir para contarlo/Haciendo lo nuestro, un maxisingle adianto do seu LP Vivir para contarlo. Este maxi ten dous temas novos e o remix dun deles, amais dos instrumentais correspondentes. Conta coa colaboración de Fran Fuethefirst, membro de Cloaka Company. Este maxi situouse como número 1 en vendas durante varias semanas e foi o sinxelo máis vendido do ano 2006, xa que nuns días vendeu máis de 18.000 copias.[1]

O seu terceiro LP, Vivir para contarlo, saíu á venda o 2 de novembro de 2006, gravado nos estudios Rap Solo por R de Rumba e masterizado en Nova York nos estudios Master Disk polo enxeñeiro de son Tony Dawsey. O disco podíase escoitar íntegro na páxina web da MTV de España, xa que o grupo o colgou na rede unha semana antes do seu lanzamento. Con este disco conseguiron vender máis de 60.000 copias, polo que conseguiron o Disco de Ouro. En só seis días, chegaron ao número un na listaxe de vendas en España. Porén, ningún dos compoñentes do grupo foi a recoller o galardón, nin ninguén no seu nome. Tamén o grupo zaragozano gañou o premio Best Spanish Act nos premios europeos da MTV celebrados o 1 de novembro de 2007 en Münich.

No ano 2008 a editorial Zona de Obras publicou un libro verbo do grupo, titulado "Los hijos secretos del funk. Conversaciones con Violadores del Verso". Unha conversa-entrevista na que os membros falan sobre a súa historia, traballo, recordos etc.

Este mesmo ano colaboraron no disco do grupo Soziedad Alkoholika, titulado Mala Sangre, concretamente na canción "Política del miedo", cuxa letra foi composta por Doble V.

Discografía editar

Discografías en solitario editar

Hate editar

Con Bufank:

  • Bufank (maqueta) (1996)
  • Ciego de sabado noche (maqueta) (1997)
  • Reunion (maxi) (2003)

Lírico editar

Con Gangsta Squad:

  • ...Es tan solo un aviso (maqueta) (1994)

Kase-O editar

  • Dos Rombos (maqueta) (1994)
  • Rompecabezas (maqueta) (1995)

R de Rumba editar

  • Reunión - Sistema R.A.P." Bufank(maxi) (Rap Solo, 2003)
  • 1er contacto - Ley natura mantiene (maxi) (Rap Solo, 2004)
  • R de Rumba (LP) (Rap Solo, 2004)

Colaboracións editar

Palmarés editar

  • Teñen un premio de MTV Europe Music Awards como mellor artista español do 2007.
  • Teñen un premio da música aragonesa.
  • Gañaron a XI Edición de los Premios de la Música na categoría de mellor álbum de hip-hop.

Notas editar

  1. "Lista anual de ventas 2006. Top 10 singles." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar