Yo, minoría absoluta

Yo, minoría absoluta é o oitavo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 2002.

Yo, minoría absoluta
Tipoálbum musical Editar o valor en Wikidata
Forma artísticaálbum de estudio Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticohard rock Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porExtremoduro Editar o valor en Wikidata
Temática
Parte deExtremoduro's albums in chronological order (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
Lugar publicaciónEspaña Editar o valor en Wikidata
Produtor/aIñaki Antón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDiscos Radiactivos Organizados Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónCassette Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Partes10 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesDiscogs: 439338 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Tras un descanso discográfico de catro anos desde Canciones prohibidas, publicado no 1998, Extremoduro publicou no 2002 un novo disco que foxe da artificiosidade e os complicados arranxos, seccións de corda e vento incluídas, deste último. Con Yo, minoría absoluta o grupo volve ao rock duro que lle caracterizou durante toda a súa traxectoria musical. Á hora de publicalo, Roberto Iniesta, líder de Extremoduro, calificouno como O mellor álbum que (Iniesta, como compositor) fixo nunca.

Orixinalmente o álbum foi publicado co formato de CD máis DVD; mentres que o primeiro incluía o disco en si, o segundo contiña dous videoclips correspondentes a dous temas do disco e cinco temas gravados en directo.

O público, despois da menor aceptación de Canciones prohibidas, si recibiu de bo grado o novo disco, do que saíron algúns himnos para o grupo que confirmaron que a banda non perdera fol co paso do tempo. Destacan principalmente A fuego, La vereda de la puerta de atrás, Puta e Standby. Esta última posúe a característica, estraña nas cancións de Extremoduro, de narrar unha historia de amor en terceira persoa.

Contido

editar

Lista de cancións

editar
Yo, minoría absoluta
Título Duración
01 "A fuego" 05:26
02 "La vereda de la puerta de atrás" 04:03
03 "Hoy te la meto hasta las orejas" 03:43
04 "Standby" 03:28
05 "Menamoro" 03:08
06 "Luce la oscuridad" 03:51
07 "Cerca del suelo" 04:42
08 "Puta" 05:38
09 "Buitre no come alpiste" 04:18
10 "La vieja (canción sórdida)" 04:42

No cinema

editar

Tres cancións do disco, Puta, A fuego e Standby, aparecen no filme La flaqueza del bolchevique (2003) de Manuel Martín Cuenca, que reflicten o estado de ánimo e situacións do protagonista, interpretado por Luís Tosar. No obradoiro desa mesma película tamén soaba Standby.