Abrir o menú principal

Roberto Castro García, nado o 22 de outubro de 1955 na Mezquita, é un político galego.

Roberto Castro
Nome completoRoberto Castro García
Nacemento22 de outubro de 1955
 A Mezquita
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

FormaciónEditar

Estudou Ciencias da educación na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en 1976. A partir de 1977 traballou como mestre e ocupou cargos de distinta responsabilidade en centros educativos das provincias de Ourense e Pontevedra ata 1989. En 1994 doutorouse en pedagoxía por esa mesma universidade.

PolíticaEditar

En política, comezou militando en Alianza Popular, e en 1986 foi elixido secretario xeral da provincia de Ourense por esa formación. Seguiu nos cadros dirixentes da organización coa súa transformación en Partido Popular, onde ocupou postos de responsabilidade interna ao longo da década dos oitenta e dos noventa, tanto no ámbito provincial como no PPdeG. En 1989, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, foi elixido deputado pola circunscrición de Ourense, cargo que revalidou nas eleccións de 1993, 1997, 2001 e 2005. En 2009 foi nomeado director xeral de Relacións institucionais e parlamentarias no goberno de Alberto Núñez Feijóo, cargo que ocupou ata o ano 2012 en que asumiu o cargo de subdelegado do Goberno en Ourense.