Robert Rodriguez
Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.
A súa carreira en Hollywood comezou grazas á súa ópera prima, titulada O mariachi (1993).
Traxectoria
editarÉ o terceiro dos oito fillos dunha familia de pais inmigrantes mexicanos. Despois de rematar o instituto, estudou na Universidade de Texas.
Eu 1993 estreou O mariachi, que escribiu, dirixiu, fotografou, montou e gravou o son cun orzamento de 7.000 $. Columbia Pictures comproulle os dereitos e asinou un contrato de dirección de dous anos con Rodríguez. O mariachi, estreado en lingua castelá, gañou o Premio do Público á Mellor Película Dramática do Festival de Cine de Sundance, como tamén outros galardóns nos festivais de Berlín, Múnic, Edimburgo, Deauville e Yubari.
Despois escribiu, produciu, dirixiu e montou Desperado (1995), unha secuela de O mariachi, para Columbia Pictures. Esta película deu a coñecer a Salma Hayek ao público norteamericano, así como a Antonio Banderas nun papel protagonista. Rodríguez tamén escribiu, dirixiu e montou The Misbehavers (1995), que tamén protagonizou Antonio Banderas e que constitúe unha das catro partes de Four Rooms, de Miramax Films. Máis tarde, formou equipo con Quentin Tarantino en Aberto ata o amencer, de Dimension Films. Rodríguez dirixiu un elenco de actores que incluía a Tarantino, que se encargou de escribir o guión. O seguinte proxecto como realizador de Rodríguez foi The Faculty (1998), de Dimension Films, protagonizada por Josh Hartnett, Elijah Wood e Jordana Brewster.
En 2001, Robert Rodríguez creou Spy Kids, un éxito que foi espremido con Spy Kids 2 e Spy Kids 3-D: Game Over', que se estreou en Estados Unidos o 25 de xullo de 2003.
Logo no 2003 estreou a terceira entrega da triloxía O mariachi, O mexicano.
Vida persoal
editarEstivo casado con Elizabeth Avellán desde 1990 até 2007, divorciándose dela pouco tempo despois de rodar o seu filme Planet Terror, cando iniciou unha relación sentimental coa actriz Rose McGowan, coa cal estivo prometido pero que se deixaron trala rodaxe de Machete
É curmán do actor Danny Trejo, co que colaborou en varias películas como, por exemplo, From Dusk Till Dawn (1996), Spy Kids (2001), ou Machete (2010).
Filmografía
editar- Sin City:A Dame To Kill For (2014) - Director, música, produtor, montador
- Machete Kills (2013) - Diretor, produtor, montador
- Spy Kids: All the Time in the World (2011) - Diretor, guionista, montador
- Predators (2010) - Produtor, guionista
- Machete (2010) - Director, guionista, produtor
- Shorts (2009) - Director, guionista, produtor, música
- Planet Terror (2007) - Director, fotografía, guionista, montador, produtor
- Death Proof (2007) - Produtor
- As aventuras de Shark Boy e Lava Girl en 3D (2005) - Director, guionista
- Sin City (2005) - Director, montador, música
- Spy Kids 3 (2004) - Director, guionista, montador, música, produción
- Kill Bill Volume 2 (2004) - Música
- Spy Kids 2: Island of Lost Dreams (2003) - Director, fotografía, guionista, montador, música
- O mexicano (2003) - Director, fotografía, guionista, montador, produción
- Spy Kids (2001) - Director, guionista, música
- From Dusk Till Dawn 3: The Hangman's Daughter (1999) - Produtor, guionista
- The Faculty (1998) - Director
- From Dusk till Dawn 2: Texas Blood Money (1998) - Produtor
- Full Tilt Boogie (1997) - Actor
- Aberto ata o amencer (1996) - Director, montador
- Four Rooms (1995) - Director, guionista
- Desperado (1995) - Director, guionista, produtor
- Roadracers (1994) - Director, guionista
- O mariachi (1992) - Director, fotografía, guionista
- Bedhead (1991) (Curta) - Director, fotografía, guionista, produtor, montador, música