Robert Curl

químico estadounidense


Robert Floyd Curl, nado en Alice, Texas o 23 de agosto de 1933 e finado en Houston o 3 de xullo de 2022,[1] foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

Infotaula de personaRobert Curl
Nome orixinal(en) Robert Floyd Curl Jr. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1933
Alice, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
Educación
  • Universidade de Rice
  • Universidade de California, Berkeley
  • Coñecido por
  • descubrimento dos fulerenos
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade Rice (pt) Traducir
    Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Jonel Whipple
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1996)

  • WikiTree: Curl-832

    Traxectoria editar

    Estudou química na Universidade de Rice de Houston, onde se graduou en 1954, e posteriormente realizou o doutoramento en 1957 na Universidade de Berkeley en California. A partir de 1960 foi profesor de química na Universidade de Rice, onde foi profesor emérito.

    Investigacións científicas editar

    Interesado na química inorgánica no laboratorio de química da Universidade de Rice, e á beira de Richard Errett Smalley, realizou investigacións acerca dos átomos de carbono, conseguindo en 1988 a síntese química do fulereno. Esta é unha estrutura esférica formada por dous átomos de carbono e é a terceira forma máis estable do carbono despois do diamante e o grafito.

    En 1996 foi galardoado, xunto a Richard Errett Smalley e o británico Harold Walter Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.

    Curl investigou tamén os procesos sobre fisicoquímica sobre o ADN do xenoma así como a súa secuenciación, desenvolvendo instrumentos de raios infravermellos para seguir o rastro cuántico na secuenciación.

    Notas editar

    1. Boyd, Jade (4 de xullo de 2022). "Nobel laureate, beloved Rice professor Robert Curl dead at 88". Rice University. Consultado o 5 de xullo de 2022. 

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Mario J. Molina,
    Paul J. Crutzen
    e
    Frank Sherwood Rowland
    Premio Nobel de Química
     

    1996
    con
    Richard Errett Smalley
    e Harold Walter Kroto
    Sucesor:
    Paul D. Boyer,
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou