John Ernest Walker, nado o 7 de xaneiro de 1941 en Halifax, Inglaterra, é un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.

John E. Walker
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
John Ernest Walker
Nacemento 7 de xaneiro de 1941 (77 anos)
Lugar Halifax Inglaterra Inglaterra
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade inglés
Cónxuxe
  • Christina Westcott
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • St Catherine's College, Oxford
  • Director de tese Edward Abraham
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Adenosín trifosfato
  • Influído por
  • Frederick Sanger
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1997)
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Estudou física, química e matemáticas no St Catherine's College, dependente da Universidade de Oxford, onde se doutorou en 1965.

    Investigacións científicasEditar

    Durante a súa estancia en Oxford iniciou a súa colaboración con Edward Abraham acerca dos péptidos como antibióticos, así como tamén se interesou na bioloxía molecular. Logo de traballar entre 1969 e 1971 na Universidade de Wisconsin-Madison e dunha estancia en Francia entre aquel ano e 1974, entrou a traballar na Universidade de Cambridge. Alí coñeceu a Frederick Sanger e Francis Crick. Á beira destes realizou análise de secuencias de proteínas e puido descubrir o código xenético modificado da mitocondria, e en 1978 decidiu aplicar métodos químicos da proteína ás mesmas proteínas da membrana.

    En colaboración co químico estadounidense Paul D. Boyer desenvolveu métodos para estudar a síntese química das encimas que catalitzan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos.

    En 1997 foi galardoado, xunto con Paul D. Boyer, coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato. A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento da encima transportadora de iones de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.

    Véxase taménEditar