Robert A. Heinlein

Escritor de ciencia ficción estadounidense

Robert Anson Heinlein, nado o 7 de xullo de 1907 e finado o 8 de maio de 1988, foi un escritor de ficción científica norteamericano considerado por algúns críticos entre os tres mellores de tódolos tempos (xunto con Asimov e Clarke).

Infotaula de personaRobert A. Heinlein

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Anson Heinlein Editar o valor em Wikidata
7 de xullo de 1907 Editar o valor em Wikidata
Butler, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaColorado Springs
Santa Cruz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir - enxeñaría (1925–1929) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritor, novelista, guionista, crítico literario e escritor de ciencia ficción
Período de actividade1939–1988
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoficción científica
Influencias
Influencias en
Pseudónimo literarioAnson MacDonald
Caleb Saunders
John Riverside
Lyle Monroe
Simon York Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Starship Troopers
Stranger in a Strange Land
Familia
CónxuxeElinor Curry (m. 1929, divorciado)

Leslyn MacDonald (m. 1932–1947, divorciado)

Virginia Ginny Gerstenfeld (m. 1948-1988)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0374423 Allmovie: p169452 TV.com: people/robert-a-heinlein
Musicbrainz: 1e412c6f-0430-45ad-8f41-a33459f3c1e6 Discogs: 2538633 WikiTree: Heinlein-42 Find a Grave: 9169982 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Heinlein nace o 7 de xullo de 1907, en Cutler, un pequeno pobo do condado de Bates, Missouri. Era o terceiro de sete irmáns, catro homes e tres mulleres. Pouco despois do seu nacemento a familia múdase a Kansas City, onde se cría e recibe a súa educación básica. Continúa os seus estudos na Academia Naval de Annapolis ata 1929, cando se titula como enxeñeiro mecánico. O seu primeiro destino é o USS Lexington, un dos dous primeiros portaaeronaves da armada estadounidense.

A súa andaina militar rematou cedo, en 1934 e con 27 anos, cando o retiran como non apto para o servizo por motivos médicos. Casou en 1932 con Leslyn MacDonald e atópase entón nos Ánxeles, retirado cunha pequena pensión, que non lle chega para manterse. Ata 1939 dedicouse a diversas ocupacións, entre elas unha breve incursión na política. Neste ano comeza a publicar ciencia ficción, co envío á revista Astounding Science-fiction do relato A liña da vida (Lifeline). En dous anos acada a fama no mundo da ciencia ficción, pero entón o seu país entra na segunda guerra mundial e Heinlein deixa a literatura para unirse de novo á Armada. Con todo volven a rexeitalo por motivos médicos. Finalmente consegue colaborar no esforzo bélico traballando como enxeñeiro civil na "Naval Air Experimental Station", preto de Filadelfia, un laboratorio de materiais da Armada. En canto a contenda termina, deixa o laboratorio, volve a California e busca axentes literarios para introducirse en novos mercados. E consegue o que quere, chegando a publicar no Saturday Evening Post, a revista que mellor paga e a máis prestixiosa da época. Isto supón un pulo para o xénero da ciencia ficción, que comeza así, da man de Heinlein, a saír do gueto.

Neste período Heinlein empeza a escribir os chamados "libros xuvenís", libros de aventuras para adolescentes. Tamén nestes anos complícase a súa situación persoal, chegando en 1948 a divorciarse de Leslyn. Enseguida volve a contraer matrimonio, con Virxinia Doris Gerstenfeld, á que coñecera no seu traballo durante a guerra. Este matrimonio durará ata o final da súa vida e Virxina converteráse ademais na principal colaboradora de Heinlein no seu traballo.

Instálase con ela en Colorado Springs e continúa escribindo. En 1948 crea un guión que foi levado ao cine coa súa colaboración o ano seguinte baixo o título Con destino á Lúa (Destination Moon). Durante os anos 50 conseguiu dous premios Hugo, un en 1956 por Estrela dobre (Double Star) e outro en 1959 por Tropas do Espazo (Starship Troopers), novela que, para sorpresa de Heinlein resulta polémica á vez que exitosa. En 1960 finaliza unha das súas obras máis importantes, Forasteiro en terra estraña (Stranger In A Strange Land) extensa novela que recorta a petición do editor e que a pesar diso gaña o premio Hugo de 1962.

En 1965 os Heinlein volven a California, esta vez a Santa Cruz. En 1967 gaña de novo o Hugo por A lúa é unha cruel amante (The Moon Is A Harsh Mistress). En 1970 unha peritonite case acaba coa súa vida, pero recupérase e en 1973 publica Tempo para amar (Time Enough For Love). Durante os anos seguintes Heinlein interrompe a súa produción de ficción, ata que en 1980 publica O número da besta (The Number of The Beast). Seguírona outras catro novelas ata que o 8 de maio de 1988 falece apraciblemente mentres dorme. As súas cinzas foron esparexidas sobre o océano Pacífico, e as de Virginia seguírono cando morreu en 2003.

Literatura: estilo e características editar

Gañou catro premios Hugo por Estrela dobre (1956), Tropas do espazo (1960), Forasteiro en terra estraña (1962) e A lúa é unha cruel amante (1967). Foi elixido en 1974 Gran Mestre pola Asociación de escritores de ficción científica e fantasía dos Estados Unidos (SFWA), converténdose así no primeiro galardoado con esta distinción.

Habitualmente rigoroso en canto á base científica nas súas historias, ata as súas historias de fantasía conteñen unha estrutura científica lóxica. Unha das características que definen a súa escritura foi o introducir na temática da ficción científica a administración, a política, a economía, a lingüística, a socioloxía e a xenética. Foi tamén un dos abandeirados do individualismo, o cal quedaba reflectido na riqueza dos personaxes (exemplo claro é Lazarus Long), tanto en coñecementos, como en habilidades.

Outro dos temas recorrentes neste autor é cuestionar os costumes contemporáneos, culturais, sociais e sexuais, describindo sociedades con ideais bastante afastados dos da sociedade occidental da súa época. Estas ideas reflíctense en varios dos seus libros, como en Forasteiro en terra estraña ou O número da besta (1980).

Bibliografía destacada editar

Novelas editar

Novelas xuvenís editar

  • Rocket Ship Galileo (1947)
  • Cadete do espazo (1948)
  • Rebelión no espazo (1949)
  • Farmer in the Sky (1950) (Premio Hugo á mellor novela - 1951, 2001)
  • A besta estelar (1954)
  • A hora das estrelas (1956)
  • Cidadán da galaxia (1957)
  • Consegue un traxe espacial: viaxarás (1958)
  • Filla de Marte (1963)

Relatos editar

  • A liña da vida (1939)
  • Inadaptado (1939)
  • Réquiem (1940)
  • «Se isto continúa...» (1940)
  • As estradas deben rodar (1940)
  • Coventry (1940)
  • Ocorren explosións (1940)
  • Magic, Inc. (1940)
  • Lóxica do Imperio (1941)
  • Universo (1941)
  • Solución insatisfactoria (1941)
  • Os fillos de Matusalén (1941)
  • «... tamén paseamos cans» (1941)
  • Polos seus propios medios (1941)
  • O sentido común (1941)
  • A herdanza perdida (1941)
  • Un acuario con peixes de cores (1942)
  • Waldo (1942)
  • A desagradable profesión de Jonathan Hoag (1942)
  • Os verdes outeiros da Terra (1947)
  • Jockey do espazo (1947)
  • Colón foi un cretino (1947)
  • «¡Que grande é estar de volta!» (1947)
  • Os negros fosos da Lúa (1948)
  • Cabaleiros, permanezan sentados (1948)
  • Proba no espazo (1948)
  • Dalila e o montador do espazo (1949)
  • A longa garda (1949)
  • O home que vendeu a Lúa (1950)
  • A ameaza da Terra (1957)
  • Todos vós, zombis... (1959)
  • Raio de luz (1962)