Richard Laurence Millington Synge
Richard Laurence Millington Synge, nado en Liverpool (Merseyside) o 28 de outubro de 1914 e finado en Norwich (Norfolk) o 18 de agosto de 1994, foi un bioquímico británico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1914 Liverpool, Reino Unido |
Morte | 18 de agosto de 1994 (79 anos) Norwich, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Reino Unido |
Educación | Winchester College (pt) Trinity College Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Anglia do Leste |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Ann Stephen (1943–) |
Fillos | Elizabeth Synge (en) , Charlotte Synge (en) , Patrick Millington Synge (en) , Alexander Millington Synge (en) , Matthew Millington Synge (en) , Jane Synge (en) , Mary Synge (en) |
Pais | Laurence Millington Synge (en) e Katherine Charlotte Swan (en) |
Parentes | John Lighton Synge (pt) (curmán) |
Premios |
Traxectoria
editarEstudou física, química e fisioloxía na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en 1936. Desenvolveu as súas investigacións científicas en empresas privadas, entre 1941 e 1943 na Wool Industries Research Association de Leeds, entre 1943 e 1948 no Instituto de Medicina Preventiva de Londres, entre 1948 e 1967 no Instituto de Investigación Rowett de Aberdeen, e entre 1968 e 1976 no Food Research Institute de Norwich.
Investigacións científicas
editarDurante a súa mocidade estudou e traballou na Universidade de Cambridge e xunto a Archer John Porter Martin, introduciu o método de análise cromatográfico chamado de repartición sobre papel, o cal posibilita a separación dos aminoácidos das proteínas da materia viva.
Entre 1942 e 1948 estudou os péptidos do grupo proteínico da gramicidina, traballo utilizado posteriormente por Frederick Sanger na determinación da estrutura da insulina.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Archer J. P. Martin, para a invención da cromatografía de partición.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1952 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
Predecesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |
Premio Nobel de Química 1952 compartido con Archer John Porter Martin |
Sucesor: Hermann Staudinger |