Ricardo Zariquiey Álvarez

Ricardo Zariquiey Álvarez, nado en Barcelona o 3 de xaneiro de 1897 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1965, foi un pediatra, carcinólogo e filántropo catalán.

Ricardo Zariquiey Álvarez
Nacemento3 de xaneiro de 1897
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento27 de xaneiro de 1965 (68 anos)
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpediatra, entomólogo e carcinólogo
PaiRicardo Zariquiey Cenarro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ricardo Zariquiey naceu en Barcelona e pasou nesta cidade a maior parte da súa vida.

Fillo do tamén pediatra e naturalista Ricardo Zariquiey Cenarro (Caparroso, Navarra, 1870 - Arenys de Munt, Barcelona, 1943), estudou medicina na Universidade de Barcelona, obtendo o título de licenciado en 1918.

Especializouse en pediatría e para iso seguiu cursos en París e Lausana, pero o seu interese pola historia natural enfocouse en princpio pola entomoloxía.

En 1917, sendo aínda estudante, comezou a dedicarse intensamente canda seu pai a recolectar e estudar coleópteros, dedicando a maior parte da súa atención ás especies endoxeas e cavernícolas, descubrindo numerosas novidades de elevado valor científico.

Os seus orixinais métodos de recolectar deron como resultado o descubrimento dun gran número de novas e interesantes formas dunha ampla zona do norte de España. Nunha serie de publicacións que apareceron entre 1917 e 1940 (pero sobre todo entre 1917 e 1927) contribuíu considerabelmente ao coñecemento dos coleópteros españois, especialmente ao do Bathysccinae.

Pai e fillo crearon unha das coleccións de escaravellos de covas máis importante do mundo. A Colección Zariquiey, no Museu de Ciències Naturals de Barcelona, inclúe as recoleccións de ambas as xeracións. Consta aproximadamente duns 6.000 lotes de exemplares de leiódidos, sendo máis de 300 deles espécimes tipo.

Despois da morte do seu pai, en 1943, o doutor Zariquiey Álvarez interesouse tamén polos crustáceos, centrándose no estudo dos decápodos. Así, aínda que médico de profesión —Zariquiey era un moi coñecido pediatra en Barcelona— foi un dos máis destacados especialistas en crustáceos decápodos de Europa, e o seu coñecemento das especies mediterráneas deste grupo zoolóxico foi insuperábel.

Foi presidente da Institució Catalana d'Història Natural (1929-1930) e activo colaborador do seu Museu de Zoologia, no que ingresou no ano 1958.

Así mesmo, foi membro da Xunta de editores da revista Crustaceana.

Algunhas publicacións editar

  • 1917 - Junta de govern de les cases provincials de caritat i de maternitat y exposits: memoria. Barcelona. (Con Josep Bori i Gensana).
  • 1924 - Contribución al estudio de los bathysciinae catalanes. Barcelona: Museu de Ciències Naturals. Treballs del Museu de Ciències. Serie: Publicaciones de la Junta de Ciencias Naturales de Barcelona.
  • 1930 - Formigues de Cadaqués (província de Girona) capturades en setembre de 1929. Barcelona: Institució Catalana d'Història Natural, 1930.
  • 1946 - Crustáceos decápodos mediterráneos: manual para la clasificación de les especies que pueden capturarse en las costas mediterráneas espanñolas. Barcelona: Instituto Español de Estudios Mediterráneos. Serie: Publicaciones sobre biología mediterránea, 2.
  • 1952 - Fauna mogrebica: crustáceos decápodos recogidos por el Dr. Rutllant en aguas de Melilla. Tetuán: Instituto General Franco de Estudios e Investigación Hispano-Árabe. Editora Marroquí.
  • 1960 - "Decápodos españoles. XIV. La mandíbula y maxilas de los Xippolytidae mediterráneos". Miscelánea Zoológica. Ayuntamiento de Barcelona. Instituto Municipal de Ciencias Naturales. Vol. I, Fasc. III, pp. 17–25 .
  • 1968 - Crustáceos decápodos ibéricos. Barcelona: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Patronato Juan de la Cierva. Serie: Investigación pesquera, 32.

Abreviatura editar

A abreviatura "Zariquiey" emprégase para tecoñcer a Ricardo Zariquiey como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Epónimos editar

Os seguintes taxons foron así denominados na honra de Ricardo Zariquiey.

Xéneros editar

Especies editar

Subespecies editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • El Emigma de Cadaqués Artigo de Luis Gurria aparecido na revista Sol Ixent de Cadaqués sobre o Doutor Ricardo Zariquiey Álvarez (1897 - 1965), especializado en pediatría pero afeizonado ao estudo dos crustáceos decápodos (en castelán)