Lipke Holthuis

carcinólogo holandés

Lipke Bijdeley Holthuis, nado o 21 de abril de 1921 en Probolinggo, provincia de Jawa Timur (Xava oriental), Xava, Indonesia e finado o 7 de marzo de 2008 en Leiden, Países Baixos,[1] foi un carcinólogo holandés, considerado como un dos máis grandes de entre eles,[2] e "o máis importante carcinólogo do noso tempo".[3]

Infotaula de personaLipke Holthuis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1921 Editar o valor em Wikidata
Probolinggo, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2008 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Leiden, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarcinoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , zoólogo , carcinólogo , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseu de História Natural de Leiden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa, lingua latina e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHolthuis Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na metrópole, obtendo en 1946 o título de doutor en ciencias na universidade de Leiden.

Foi conservador asistente no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, ocupando este posto até a súa xubilación en 1986 coa categoría de conservador senior.

Holthius foi o máis prolífico carcinólogo do século XX, publicando 620 artigos (108 dos cales en Leiden Museum Journals) totalizando 12 795 páxinas, cunha media de 185 páxinas ao ano e de 21 páxinas por artigo. Estas publicacións versan sobre a maioría dos grupos de crustáceos, a súa historia natural e nomenclatura, e sobre a historia da carcinoloxía.[4][5][6]

Este fluxo constante de publicacións deu lugar á descrición de 428 novos taxa:

  • 2 familias,
  • 5 subfamilias,
  • 83 xéneros e
  • 338 especies.

67 taxa foron denominados na súa honra entre 1953 (Hippolyte holthuisi) e 2009 (Caridina holthuisi, Lysmata holthuisi).[7]

Abreviaturas editar

  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Charles H. J. M. Fransen & Martien J. P. van Oijen (2008). "L. B. Holthuis, 'The institutional Memory' of the Leiden Museum - Obituary"". Contributions to Zoology 77 (3): 201–204. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  2. Peter K. L. Ng (2000): "Development and future direction of biodiversity collections in Southeast Asia", Raffles Museum of Biodiversity Research, 16 de xuño de 2000. [1] Arquivado 13 de febreiro de 2007 en Wayback Machine..
  3. Chien-Hui Yang, I-Shiung Chen & Tin-Yam Chan (2008). "A new slipper lobster of the genus Petrarctus (Crustacea: Decapoda: Scyllaridae) from the West Pacific" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 19: 71–81. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  4. Neil Cumberlidge & Sadie K. Reed (1 de xullo de 2003). "Scientists who have contributed to our knowledge of freshwater crab biology". Northern Michigan University. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2005. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  5. Hans G. Hansson (14 de novembro de 1997). "Biographical Etymology of Marine Organisms – H". Tjärnö Marine Biological Laboratory'. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  6. Gerlof Leistra (5 de abril de 2008). Keizer van de kreeftachtigen. Elsevier magazine'. p. 101. 
  7. Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. (2010): "In Memoriam Lipke Bijdeley Holthuis". En: Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. Studies on Malacostraca: Lipke Bijdeley Holthuis Memorial Volume. Crustaceana Monographs, 14. Brill, Leiden. 754pp.