Rexións históricas de Suecia

As rexións históricas de Suecia (landsdelar) son as tres antigas "partes principais" do país, Svealand, Götaland e Norrland.[1] É unha división xeográfica tradicional sen función administrativa ou carácter oficial, pero utilizada en varios contextos.[2][3]

As tres rexións históricas de Suecia

O uso máis común destas partes do país en contextos cotiás hoxe en día é probablemente nos informes meteorolóxicos.

Os nomes aparecen tamén en certas divisións de distrito, como por exemplo Mellersta Norrland e Övre Norrland, que nomean a dúas das chamadas áreas nacionais (riksområde) en contextos estatísticos.

Datos xeográficos

editar

A seguinte táboa fai referencia á distribución que ten sido xeralmente aceptada nos últimos séculos.

Rexión Poboación

(2021)[4]

Poboación

(%)

Área

(km²), incluídos lagos e cursos de auga

Área

(%)

Número de provincias Provincias
Götaland 4 995 764 47,8 97 841 21,7 10 Escania, Blekinge, Halland, Småland, Öland, Gotland, Östergötland, Västergötland, Dalsland e Bohuslän
Svealand 4 268 504 40,8 91 098 20,2 6 Södermanland, Uppland, Västmanland, Närke, Värmland, e Dalarna
Norrland 1 188 031 11,4 261 292 58,0 9 Gästrikland, Hälsingland, Härjedalen, Jämtland, Medelpad, Ångermanland, Västerbotten, Norrbotten e Lappland
  1. Sundbärg, Gustav (1901). "I. Fysisk geografi. Inledning (Sveriges land och folk)". runeberg.org (en sueco). Consultado o 2023-01-08. 
  2. Land och liv : lärobok i geografi och naturorienterande ämnen för mellanstadiet. 1, Lärobok. Stockholm: Natur och kultur. 1987 ;. pp. 18–21. ISBN 978-91-27-62563-1. OCLC 185781652. 
  3. Sveriges landskap och Stockholm, Göteborg och Malmö. [Stockholm]: Almqvist & Wiksell. 1995. p. 4. ISBN 978-91-21-14445-9. OCLC 45188187. 
  4. "Folkmängd i landskapen den 31 december 2021". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-09.