Resposta sexual humana

Chámase resposta sexual humana ó conxunto de cambios psicofisiolóxicos que se producen no corpo humano ante un estímulo sexual, sexa cal for a fonte de desexo ou de excitación. Estes cambios prodúcense en calquera tipo de relación sexual e en calquera conduta sexual, e poden terminar en orgasmo ou non. No ámbito fisiolóxico, os cambios máis significativos que experimenta o corpo son[1]:

  • Afluencia de sangue ós vasos sanguíneos: as veas dilátanse e énchense de sangue (vasoconxestión), o cal provoca que o pene e o clítoris se poñan erectos.
  • Aumento da tensión muscular (miotonía), o cal posibilita a súa posterior relaxación durante o orgasmo).
Gustav Klimt, Muller sentada de coxas abertas, 1913.

Estas dúas reaccións do organismo son as que producen as sensacións de calor, excitación, axitación ou rubor nas relacións sexuais.

Etapas das relación sexuais editar

 
Otto Mueller, Stehendes Liebespaar, 1919.
 
Leonardo da Vinci, Coito dun home e unha muller seccionados, 1492.
 
Gian Lorenzo Bernini, Trasfigurazione di santa Teresa, 1652.

De xeito esquemático, dentro da resposta tipo de todo individuo fronte ás relacións sexuais, definíronse catro etapas[1]:

Desexo editar

É o impulso consistente en sentirse atraído por outras persoas, motivado a buscar contactos sexuais ou receptivo a sentir esas sensacións. O desexo sexual está influído polo noso modo de pensar, polo noso estado de ánimo, por factores orgánicos, hormonais ou químicos, e varía de intensidade ó longo da vida.

Excitación editar

É a cantidade de impulso sexual que podemos acadar durante as relacións sexuais. Pode ter diversas orixes e diferentes duracións, e varía moito dunha persoa a outra. Durante esta fase experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos que se deben ó aumento da tensión muscular e á vasoconxestión. Nas mulleres estes cambios son os seguintes:

  • Lubricación vaxinal.
  • As paredes da vaxina ceden.
  • O clítoris aumenta de tamaño e ponse erecto.
  • Os labios menores inflámanse e conxestiónanse.
  • Os labios maiores sepáranse e cambian de cor.
  • Os seos aumentan de tamaño e as mamilas póñense erectas.

No home son os seguintes:

Meseta editar

Fase na que a excitación acada o máximo nivel, intensifícanse os cambios producidos durante a fase de excitación. O corpo prepárase para a chegada do orgasmo.

Orgasmo editar

Artigo principal: Orgasmo.

Durante esta fase o nivel de excitación chega ó máximo, libérase toda a tensión acumulada e experiméntanse sensacións moi pracenteiras.

O orgasmo é a fase que menos tempo dura (entre 3 e 10 segundos), e varía moito dunha persoa a outra. A vivencia é moi semellante para homes e para mulleres. Así, o orgasmo feminino iníciase cunhas contraccións rítmicas dos músculos que rodean a vaxina, o útero e o ano, que producen unha sensación agradable e intensa que se estende a todo o corpo. Se a estimulación continúa, a muller pode experimentar máis dun orgasmo consecutivo. O orgasmo masculino é moito máis estereotipado que o feminino e adoita rematar en exaculación. A exaculación sucede en dúas fases:

  • Emisión: o seme transpórtase á parte posterior da uretra; coñécese tamén como "punto de non retorno", ou momento a partir do cal xa non é posible deter a exaculación.
  • Exaculación: contraccións rítmicas da próstata, do corpo do pene e dos músculos de arredor, que fan que o seme saia ó exterior e xeran as sensacións pracenteiras que constitúen o orgasmo.

O tempo que precisa un home para poder volver a ter outro orgasmo chámase período refractario, e é o necesario para que o seu organismo se recupere. Varía dunhas persoas a outras, dunha situación a outra, e coa idade este tempo aumenta. A duración del período refractario está relacionada coa idade, a novidade da situación, a continuidade da estimulación, o tempo transcorrido, o número de exaculacións previas etc. As mulleres carecen, no plano fisiolóxico, de período refractario[2].

Resolución editar

Todos os cambios corporais experimentados van revertendo pouco a pouco, volvendo á posición de repouso. A persoa experimente unha relaxación mental e corporal moi profundas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Consejo de la Juventud de Andalucía. www.juntadeandalucia.es, ed. "Guía de mediadores de salud". Consultado o 14/01/2011.  (en castelán)
  2. SÁEZ SESMA, S.; FRAGO VALLS, S. (03/2006). www.zaragoza.es, ed. "La respuesta sexual humana". Consultado o 14/01/2011.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar