Reino de Württemberg

O Reino de Württemberg (en alemán, Königreich Württemberg) foi un antigo Estado localizado no suroeste da actual Alemaña. A súa capital era a cidade de Stuttgart.

Modelo:Xeografía políticaReino de Württemberg
Königreich Württemberg (de) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata
Estado desaparecidoImperio Alemán Editar o valor en Wikidata
CapitalStuttgart Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.437.574 (1910) Editar o valor en Wikidata (124,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Relixiónluteranismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie19.508 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1806 Editar o valor en Wikidata
Disolución6 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porEstado Popular Livre de Württemberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
Membro de
Confederación do Rin (1806–1813)
Confederación Xermánica (1815–1866)
Reich alemán (1871–1945) Editar o valor en Wikidata
MoedaWürttemberg gulden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Foi fundado o 1 de xaneiro de 1806 como reino soberano a instancias do emperador dos franceses, Napoleón Bonaparte, que loitaba pola hexemonía política. O reino xurdira do Ducado de Württemberg (que foi elevado ao Electorado en 1803). O seu territorio orixinal, que tamén era coñecido como Altwürttemberg, fora recentemente ampliado moito pola Reichsdeputationshauptschluss e a Paz de Pressburg, principalmente no sur e no leste, polo que case se duplicara a súa área xeográfica.

Württemberg foi de 1806 a 1813 membro da Confederación do Rin, que estaba orientada polos intereses de Francia, e despois do final das Guerras napoleónicas tras as decisións do Congreso de Viena de 1815 a 1866 membro da Confederación Alemá. Despois da Guerra franco-prusiana de 1870/71, o reino uniuse ao primeiro estado-nación alemán proclamado como un pequeno imperio alemán baixo o liderado prusiano.

Sobre a base da constitución de 1819,[1] desenvolveuse ao longo dos anos unha monarquía constitucional temperá con correntes liberais e democráticas relativamente fortes en comparación con moitos outros estados alemáns, que foron capaces de se afirmaren e se faceren máis fortes mesmo despois da represión da Revolución alemá de 1848/49, que foi en gran parte pacífica en Württemberg.

Como resultado da derrota alemá na Primeira guerra mundial e da Revolución de novembro de 1918, o rei Guillerme II de Württemberg renunciou ao trono como un dos últimos monarcas alemáns. Württemberg transformouse nunha democracia parlamentaria e seguiu sendo parte do Reich alemán na República de Weimar como Estado Libre Popular de Wurtemberg.

En 1952, o seu antigo territorio foi absorbido polo actual estado de Baden-Württemberg.

Historia

editar

Creación do reino e guerras napoleónicas

editar

O novo estado formouse a partir do antigo Ducado de Württemberg, coñecido tamén como Altwürttemberg (Antigo Württemberg), ao que se anexionaran territorios ao leste e ao sur durante as receentes secularizacións (Reichsdeputationshauptschluss) e a Paz de Presburgo.

Foi proclamado reino independente por intervención de Napoleón Bonaparte no marco das guerras napoleónicas. Frederico II, duque de Wurtemberg, asumiu o título de rei Frederico I o 1 de xaneiro de 1806. Abrogou a constitución e uniu o Vello e o Novo Württemberg. Posteriormente, colocou as propiedades da igrexa baixo o control do goberno e estendeu en gran medida as fronteiras do reino.

En 1806, Frederico uniu o reino á Confederación do Rin, e recibiu máis territorios con 160 000 habitantes. Máis tarde, polo tratado de Schönbrunn de outubro de 1809, ao redor de 110 000 persons máis quedaron baixo o seu goberno. A cambio destes favores, Frederico uniuse ao emperador francés nas súas campañas contra o Reino de Prusia, o Imperio austríaco e o Imperio ruso. Dos 16 000 dos seus súbditos que marcharon a Moscova, só uns poucos centos regresaron.

Despois da batalla de Leipzig, en outubro de 1813, Frederico abandonou o emperador francés e, mediante un tratado con Metternich en Fulda, en novembro dese ano, asegurou a confirmación do seu título real e dass súas recentes adquisicións de territorios. Mentres tanto, as súas tropas marcharon a Francia cos aliados.

Tras o Congreso de Viena

editar

Despois da caída de Napoleón, o Congreso de Viena confirmou as recentes adquisicións territoriais de Württemberg, confirmando a dignidade do reino. En 1815, Württemberg uniuse á Confederación Xermánica. No mesmo ano, o rei presentou aos representantes do seu pobo o esqeuma dunha nova constitución, pero eles rexeitárona. Frederico morreu o 30 de outubro de 1816.

  1. "Verfassungs-Urkunde für das Königreich Württemberg". verfassungen.de (en alemán). 14 de abril de 2004. Consultado o 28 de maio de 2022. 

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.