Reinaldo Sarria Delgado

mestre e político galego

Reinaldo Sarria Delgado, nado en Rubiá o 24 de xullo de 1906[1] e finado en Valdoviño en 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaReinaldo Sarria Delgado
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Rubiá, España Editar o valor em Wikidata
Morte1936 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Valdoviño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1928. Foi mestre de Vilardesilva (Rubiá) en 1931,[2] e en 1934 trasladouse á escola de Aviño (Valdoviño).[3] Militante do Partido Galeguista e afiliado a FETE-UGT. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Valdoviño e elixido tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Torturado, morreu despois dunha malleira. Foi sancionado coa separación definitiva por ser o nº 135 de FETE en 1942.

Recoñecementos editar

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.[4]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 92. 
  2. El Eco de Santiago, 6-5-1931, p. 1.
  3. BOE, 11-9-1934, p. 220.
  4. "Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar